PHOTO-2021-03-31-09-48-23.jpg
Representantes do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño reencóntranse logo de meses de traballo online.
Cumprindo as medidas de seguridade que permiten reunións de ata 6 persoas non conviventes e aproveitando as vacacións de Semana Santa, algúns dos voceiros/as do grupo de participación infantil do Concello do Porriño mantiveron unha reunión presencial.
peregrinos-cruzando-por-Porrino.jpg
Vídeo promocional do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño en 2021
O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, participado polo Concello do Porriño, entre os catorce municipios que o integran, aposta polo Camiño e a enogastronomía como atractivos turísticos en 2021.
T-B46B2685.jpg
O pleno tratará o plan de axudas "Porriño Impulsa 2021" e decidirá a nova concesionaria da Piscina Municipal
O pleno municipal ordinario que se celebrará este mércores 31, a partir das 18:00 horas, abordará a aprobación da liña de axudas económicas directas aos sectores máis afectados pola Covid, cunha asignación total de 140.000 €.  O plan, chamado "Porriño Impulsa 2021" está destinado á hostalería, comercio e autónomos, os máis afectados polas restricións derivadas da pandemia actual.
A-comuna-da-Ingravida-Marzo-de-sabados-teatrais.jpg
Remata o ciclo "Marzo de sábados teatrais" coa celebración do Día Mundial do Teatro
Hoxe rematará o ciclo "Marzo de sábados teatrais" coa "Comuna da Ingrávida". O último espectáculo "on line" deste ciclo que ademais servirá para celebrar o Día Mundial do Teatro que se conmemora neste 27 de marzo. A celebración contará coa compañía de artistas convidadas, Mariana Carballal e Tatán de Tanxarina entre outras, na posta en escena en liña.
Prision-de-Francisco-I.jpg
O cadro "A prisión de Francisco I" que estaba en depósito no Concello desde 1929, volveu esta semana ao Museo do Prado
Un equipo técnico enviado polo Museo do Prado retirou e trasladou cara a Madrid, o cadro “A prisión de Francisco I", que estaba en depósito nas dependencias do Concello do Porriño desde o século pasado. 
IMG_7852.jpg
Traballase no arranxo da rotonda principal de acceso ao Polígono Industrial da Granxa
Durante esta tarde e ata a noite, persoal da empresa "Naturgalia", contratada para desenvolver o arranxo da rotunda da Avenida Principal coa rúa Arousa, no acceso ao polígono industrial de A Granxa, realiza o fresado da anterior capa de rodadura, moi deteriorada, para pavimentar de novo. As obras serán reiniciadas mañá sábado coa previsión de que poden concluír ao longo do día.
Comision-Especial-Lindano-24-marzo-2021.jpg
Porriño é un dos concellos elixidos para un programa de descontaminación e recuperación de terras afectadas por líndano
A alcaldesa Eva Garcia anunciou aos membros da Comisión Especial do Líndano que O Porriño é un dos cinco municipios seleccionados, entre 33.000 ubicacións existentes en Europa afectadas por líndano, para desenvolver un programa de localización, bio-remediación e recuperación dos terreos afectados.
rotonda-principal-de-A-Granxa.jpg
A pavimentación da rotonda da Avenida Principal no polígono industrial A Granxa terá lugar entre venres tarde e sábado para diminuír o impacto no tráfico
A Concellería de Vías e Obras informa que o pavimentado da rotonda da Avenida Principal-Rúa Arousa do polígono industrial de A Granxa realizaranse entre a tarde deste venres 26 e ao longo do sábado 27, buscando o menor impacto no tráfico de vehículos.
2bb2761b-f258-4e91-a513-665c59e8f1d0.jpg
Ópera para alumnado de ensino secundario do Porriño coa soprano Esperanza Mara
Os alumnos e alumnas de ensino secundario do Porriño eran os destinatarios das sesións do espectáculo de ópera express titulado “SOPRANO IN DISTRESS” (SOPRANO EN APUROS). Trátase dunha nova proposta de performance educativa da soprano Esperanza Mara que o Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación e a Oficina Municipal de Información Xuvenil deciden levar a cabo apostando por un formato único, moi creativo e axeitado para a mocidade.
IMG_7723.jpg
Sesións de contacontos en inglés nos colexios do Porriño para impulsar a inmersión lingüística
A Concellería de Educación e a OMIX levan a cabo un programa de sesión de contacontos en inglés dirixidos a nenos e nenas dos colexios do Porriño.
Esta tarde tres comisións informativas prepararán a sesión de marzo
Esta tarde celebraranse tres comisións informativas que prepararán a sesión de marzo que se celebrará o vindeiro mércores 31.
IMG_7638.jpg
Concentración do sector profesional de salóns de peiteado e imaxe en demanda da redución do IVE
Coa lectura dun manifesto en demanda da redución ao 10% do IVE para o sector de salóns de peiteado, barberías e estética, rematou a concentración de profesionais e traballadores da bisbarra que se celebrou na praza do Concello, cunha gran participación e por espazo dunha hora.