As Charlas de Primeiros Auxilios son de balde para toda a veciñanza e asociacións participantes. As primeiras sesións celebraranse o 10 de febreiro no Centro Cultural As Mimosas de Carracido e o 26 de febreiro no Centro Cultural de Atios, en horario de 17:00 a 18:30 horas
Un salto histórico nos servizos municipais: 553.762 € para limpeza viaria e 431.513 € para zonas verdes, con baldeo diario, mantemento de papeleiras, rego e poda en todo o municipio
O acordo desbloquea unha promoción de vivendas en alugueiro e permite ao Concello incorporar en propiedade un baixo municipal valorado en preto de 400.000 euros, destinado a Servizos Sociais, ao Centro de Información á Muller (CIM) e a novos servizos de atención ás familias
Tras acadar 1.375 doazóns o pasado ano e situarse moi por riba da media autonómica, O Porriño acolle hoxe unha nova visita da unidade móbil de doazón de sangue dentro da súa campaña especial de Nadal
A corporación municipal deu luz verde ao acordo que permitirá integralo no Servizo Galego de Saúde, garantindo a continuidade da atención e a estabilidade do persoal e dos recursos
O Concello do Porriño vén de publicar a listaxe definitiva dos nenos e nenas admitidos no Campamento de Nadal “Anímate e vén a xogar connosco”. As prazas foron asignadas por rigorosa orde de inscrición, segundo o establecido nas bases. A continuación pode consultarse a relación completa de participantes: