Dereitos sobre Protección de Datos

A normativa en materia de protección de datos permite que calquera persoa poida exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade de datos, oposición e limitación ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos.

Dereito de acceso

A persoa afectada ten dereito a ser informada:

dos fins do tratamento, así como das categorías de datos persoais que se traten e das posibles comunicacións de datos e os seus destinatarios

do prazo de conservación dos datos, de ser posible. De non selo, os criterios para determinar este prazo

do dereito á solicitar a rectificación ou supresión dos datos, a limitación ao tratamento, ou opoñerse so mesmo

do dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control

a obter, cando os datos persoais non se obtiveran polo interesado, calquera información dispoñible sobre a súa orixe

a recibir información das garantías adecuadas se se produce unha transferencia internacional de datos

a obter unha copia dos datos obxecto do tratamento

da existencia de decisións automatizadas (incluíndo perfiles), a lóxica aplicada e as consecuencias deste tratamento.

Debe distinguirse do dereito de acceso dos interesados aos expedientes administrativos que regula a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas así como o dereito de acceso regulado na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Dereito de rectificación

A persoa afectada ten dereito a obter sen dilación indebida, do responsable do tratamento, a rectificación dos datos persoais inexactos, así como a que se completen aqueles datos persoais incompletos, inclusive mediante unha declaración adicional.

Dereito de supresión (dereito ao esquecemento)

A persoa afectada pode solicitar a supresión dos datos persoais cando concorra algún dos supostos contemplados na lexislación destacando aqueles casos nos que desaparecera a finalidade que motivou o tratamento, ou que os datos persoais se trataran de forma ilícita.

Exceptúase este dereito, nos casos en que deba prevalecer, para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable

Dereito á limitación do tratamento

Permite á persoa afectada obter do responsable do tratamento a limitación do tratamento dos datos cando:

se impugne a exactitude dos datos, mentres se verifica dita exactitude polo responsable

o tratamento resulte ilícito pero o interesado solicite no lugar da supresión a limitación do seu uso

o responsable xa non necesite os datos para o fin do tratamento, pero si a persoa interesada para o exercicio dalgún dos seus dereitos

o afectado exercitou o seu dereito de oposición ao tratamento, mentres de verifica se os motivos lexítimos do responsable prevalecen sobre o afectado

Dereito á portabilidade

A persoa interesada terá dereito a recibir do responsable do tratamento os seus datos persoais, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou solicitar que sexan transmitidos a outro responsable do tratamento cando sexa tecnicamente posible.

Dereito de oposición

A persoa afectada pode opoñerse ao tratamento:

Cando por motivos relacionados coa súa situación persoal, deba cesar o tratamento dos datos, salvo que se acredite un interese lexítimo, que prevaleza sobre os intereses, os dereitos e as liberdades do interesado, ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións.

Cando o tratamento teña por obxecto a mercadotecnia directa.

Formularios para o exercicio dos seus dereitos: Na sección de “Protección de Datos” da sede electrónica.