Instalacións municipais
O Concello de O Porriño pon a disposición dos seus veciños e veciñas as instalacións públicas do Concello para o seu desfrute e esparcemento persoal. A súa conservación e impulso forman parte das obrigas sociais asumidas polo Concello; o mantemento do pulo ás actividades cívicas que melloren o desenvolvemento das persoas, tanto a nivel individual como dende o fomento dos grupos de traballo, deportivas o culturais, serán sempre un activo estratéxico para os membros da Corporación.
A posta en marcha de iniciativas populares orientadas ao favorecemento da cultura, o deporte, a axuda aos necesitados, peregrinos, ou calquera das accións que supoñan unha posta en valor do desenvolvemento social, atoparán sempre no Concello de O Porriño un espazo aberto a participación cidadá.
A oferta actual do Concello permite aos nosos veciños e veciñas desfrutar de instalacións modernas e participativas, sempre dentro dun uso racional e compartido, que permiten o seu aproveitamento dende unha explotación cívica e colectiva. Dende esta actitude, compre recordar que as instalacións son un ben colectivo e común, que merece a atención e mantemento por parte do Concello, pero que tamén compre animar a coidar e respectar entre todos os veciños da cidade para garantir a calidade das instalacións e o seu mantemento.