Porriño é un dos concellos elixidos para un programa de descontaminación e recuperación de terras afectadas por líndano

A alcaldesa Eva Garcia anunciou aos membros da Comisión Especial do Líndano que O Porriño é un dos cinco municipios seleccionados, entre 33.000 ubicacións existentes en Europa afectadas por líndano, para desenvolver un programa de localización, bio-remediación e recuperación dos terreos afectados.

 "É un programa piloto da Unión Europea, ben dotado economicamente, que tamén pon o acento no aspecto social para evitar a estigmatización de territorios contaminados e recuperar a súa posta en marcha", engadiu.

A rexedora explicou que horas antes da reunión da Comisión Especial Municipal, mantivo unha reunión de traballo con técnicos da empresa pública aragonesa "Sarga" (Sociedad Aragonesa de Gestión Agroambiental) que é unha das concesionarias do financiamento con fondos europeos que resultou elixida pola UE para o desenvolvemento do programa.

Garcia de la Torre sinalou que todos os traballos en marcha "éste con financiamento da Unión Europea é o máis emocionante e ambicioso xa que non só pretende a localización e remediación dos puntos do verquido, tamén propón avanzar na recuperación da terra como solo residencial".

A alcaldesa participou esta información aos portavoces dos grupos municipais de PP, PSOE, EUSON e BNG que asistiron á Comisión Especial, xunto con representantes da plataforma de afectadas, asociacións veciñais, sindicatos e a organización “Ecoloxistas en Acción” que se incorporou desde onte.

No transcurso da reunión da Comisión, realizada de xeito presencial, o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira informou das calicatas que está facendo "Geocysa" en preto de 80 puntos do término municipal, por encargo da Xunta de Galicia.  Tamén informouse dos traballos doutra empresa, "Edafotec" para desenvolver un sistema de biodegradación do líndano.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.