Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia

O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.

Porriño 17 de marzo de 2026.- O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, vén de recibir ao deportista Sergio Rodríguez, que vén de acadar dúas medallas de ouro no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta nas probas de 200 e 400 metros, logrando ademais o récord dos campionatos en ambas probas, ademais da terceira mellor marca española da historia da categoría na proba de 200 m en pista cuberta.

“O motivo desta visita, ademais de felicitalo por estes logros, é desexarlle sorte para Polonia”, explica o rexedor, xa que Sergio- que chegou á casa consistorial cos dous ouros acadados en Antequera- ten agora o reto do Campionato de Europa Master que se celebrará durante a Semana Santa, entre o 28 de marzo e o 2 de abril. Será na cidade de Toruń, que xa acolleu esta mesma proba hai dous anos.

Rodríguez, que aínda que naceu na Guarda leva afincado dende hai anos no Porriño, ten no seu haber xa 19 títulos de campión galego absoluto, así como 41 medallas galegas absolutas, con dous récords absolutos, tanto en 4x100 como en 200 metros. No mes de outubro trouxo ao Porriño xa o subcampionato de Europa Máster 35. Ten conseguido baixar da barreira dos 11” nos 100 metros e facer 21”45 nos 200 metros, o que supón a terceira mellor marca galega absoluta de todos os tempos. Saltou máis dos 7 metros en salto de lonxitude.

“Sergio é un exemplo no mundo do deporte e estou seguro de que acadará grandes logros tamén no europeo. Estamos orgullosos de que leve o nome do Porriño alí onde vai”.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-05 at 09.15.16.jpg
Campaña do Día do Pai 2026 para impulsar o comercio local con dúas tarxetas regalo MOREA
A iniciativa desenvolverase do 12 ao 22 de marzo e permitirá ás persoas participantes optar a dúas tarxetas regalo de 100 euros
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.