Campaña do Día do Pai 2026 para impulsar o comercio local con dúas tarxetas regalo MOREA

A iniciativa desenvolverase do 12 ao 22 de marzo e permitirá ás persoas participantes optar a dúas tarxetas regalo de 100 euros

O Porriño, 5 de marzo de 2026.- A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) pon en marcha unha nova campaña de promoción comercial con motivo do Día do Pai 2026, unha iniciativa destinada a dinamizar o comercio local e a incentivar as compras nos establecementos asociados. Segundo recollen as bases, a campaña desenvolverase entre os días 12 e 22 de marzo de 2026, período no que todas as persoas consumidoras poderán participar no sorteo de dúas tarxetas regalo MOREA de 100 euros cada unha. As bases sinalan que esta acción pretende “transmitir aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras (…) ofrecendo a posibilidade de acadar unha tarxeta regalo MOREA por importe de 100€” .

A promoción está dirixida a calquera persoa física que realice unha compra ou servizo nun dos comercios adheridos durante o período de vixencia. Trátase dunha iniciativa gratuíta, aberta e orientada a reforzar o papel do comercio de proximidade como motor económico e social do municipio.

A forma de participar será a través da web www.ccamorea.es, onde as persoas interesadas deberán rexistrar o ticket da súa compra no apartado “SORTEO”, cubrindo os datos requiridos e achegando unha fotografía do comprobante. Cada ticket supón unha participación independente, polo que cantas máis compras se realicen, máis opcións haberá de resultar premiado. As bases detallan que “o cliente poderá rexistrar o seu ticket (…) cubrindo os datos necesarios para efectuar o correspondente rexistro da compra ou servizo realizado, que lle dará dereito a unha participación no sorteo” .

O sorteo celebrarase o mércores 25 de marzo de 2026 ás 9:45 horas na sede de ACIPOR, mediante unha aplicación dixital que seleccionará aleatoriamente dúas persoas gañadoras e dúas suplentes entre todas as participacións válidas.

ACIPOR porase en contacto coas persoas premiadas a través do número de teléfono facilitado no rexistro. Unha vez comunicada a resolución, deberán confirmar a aceptación do premio e recollelo na data e lugar establecidos pola organización. As bases lembran que “será obligatorio recoller o premio o día que ACIPOR estableza (…) De non ser así, o premio quedaría anulado” . Non poderán resultar gañadoras as persoas propietarias, socias, empregadas ou familiares directos dos establecementos onde se realizase a compra, tal e como establece o apartado de limitacións.

Con esta campaña, ACIPOR reafirma o seu compromiso coa dinamización do comercio local, promovendo accións que favorezan a actividade económica e reforcen a relación entre os establecementos e a súa clientela. A iniciativa súmase ás accións que, ao longo do ano, contribúen a fortalecer o tecido comercial do Porriño e a poñer en valor a importancia do consumo de proximidade.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 12.29.20.jpg
Aberto o prazo de inscrición para o campamento de Semana Santa no Porriño
A actividade contará con 50 prazas e desenvolverase en instalacións municipais os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril