Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño

O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.

Porriño 17 de marzo de 2026.- O Comité Directivo do Consorcio de Augas do Louro aprobou a adxudicación das obras do proxecto Bombeo en Budiño, no concello do Porriño, tras o proceso de licitación e a proposta formulada pola Mesa de Contratación, dando así un paso decisivo para executar unha actuación destinada a mellorar a rede de saneamento nesta parroquia e moi demandada pola veciñanza.

As obras terán como obxectivo completar a rede de saneamento existente, permitindo conectar á rede xeral as vivendas que actualmente carecen deste servizo básico, das que se beneficiarán un total de 25 vivendas. En concreto, o proxecto contempla a execución de novos colectores de PVC de distintos diámetros, cunha lonxitude total próxima aos 190 metros, así como a construción dun pozo de bombeo e unha condución de impulsión duns 292 metros que permitirá transportar as augas residuais ata a rede xa existente. O sistema contará con dúas bombas que funcionarán de maneira alterna, garantindo a continuidade do servizo e un funcionamento eficiente da infraestrutura. 

Esta actuación enmárcase no desenvolvemento do Plan Director da rede de saneamento do Porriño, presentado en xuño de 2022, que establece a planificación técnica, financeira e temporal para a execución integral das actuacións necesarias no conxunto do municipio, identificando con precisión os tramos pendentes, as vivendas sen conexión e os investimentos necesarios en cada parroquia.

O Concello continúa avanzando na planificación e execución de investimentos estratéxicos, prestando especial atención ás necesidades reais das parroquias. Neste contexto, resulta imprescindible priorizar actuacións que garantan a mellora da calidade de vida da veciñanza, sendo o saneamento unha infraestrutura básica e urxente. 

A extensión e modernización da rede de saneamento non só responde a unha demanda histórica, senón que constitúe unha intervención prioritaria desde o punto de vista sanitario, ambiental e de equilibrio territorial. Dotar a todas as parroquias deste servizo esencial é clave para evitar desigualdades, protexer os recursos naturais e favorecer un desenvolvemento sostible.

Por iso, o Concello mantén o seu compromiso firme de seguir impulsando investimentos prioritarios, situando o saneamento como unha actuación de máxima urxencia dentro da súa folla de ruta.

O alcalde do Porriño e presidente do Consorcio de Augas do Louro, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia desta actuación: “Estamos a dar resposta a unha demanda histórica da veciñanza de Budiño, garantindo un servizo básico como é o saneamento e mellorando a calidade ambiental da contorna”.

Así mesmo, subliñou que: “Este investimento reflicte o compromiso do Consorcio coa mellora das infraestruturas hidráulicas e coa protección dos nosos recursos naturais, avanzando cara a un territorio máis sostible”.

Segundo as previsións, as obras poderán iniciarse nun prazo aproximado dun mes, unha vez completados os trámites administrativos previos á formalización do contrato. O prazo estimado de execución da actuación é de tres meses, tras os cales Budiño contará cun sistema de saneamento máis eficiente e adaptado ás necesidades actuais. 

Con esta intervención, o Consorcio de Augas do Louro continúa impulsando actuacións destinadas a mellorar a rede de saneamento nos concellos integrantes, reforzando a calidade de vida da cidadanía e a protección do medio ambiente

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-05 at 09.15.16.jpg
Campaña do Día do Pai 2026 para impulsar o comercio local con dúas tarxetas regalo MOREA
A iniciativa desenvolverase do 12 ao 22 de marzo e permitirá ás persoas participantes optar a dúas tarxetas regalo de 100 euros
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.