O Porriño recibe a exposición "Texturas dunha guerra invisible", adicada ao conflito do Sáhara, da artista multidisciplinar Galia Baba Chamah, que chega no abeiro da programación cultural do Concello para este mes de abril, promovida pola Concellería de Cultura.
A partir de mañá, sábado 10 de abril comeza o xogo "A Miña Avoa", unha iniciativa do Concello en colaboración coas asociacións de comerciantes "ACIPOR" e de hostaleiros "AHOSPOR", para estimular o consumo dos porriñeses no comercio de proximidade e na hostalería local.A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza este certame que promove o Concello, a través da Concellería de Festexos e co apoio da Concellería de Comercio e coa producción a cargo da firma “Especialistas Hípica Celta”.O xogo, aberto a toda a cidadanía da vila, consiste na procura dun "tesouro", premios de 50€ para consumir no comercio e na hostalería locais. Da protagonismo á economía local, non só coa súa implicación, senón tamén, porque os premios reverten no consumo das propias empresas locais.
A alcaldesa, Eva Garcia; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez acudiron esta mañá ao Tanatorio de Redondela a dar testemuña da condolencia do Concello do Porriño pola perda de Alvaro Cunqueiro, falecido onte aos 78 anos. Tamén esta tarde, unha delegación municipal acudirá ao funeral que se celebrará na igrexa de Santa María do Viso (18 horas).
A alcaldesa Eva Garcia autorizou hoxe á empresa “GOC Consultoría e Ingeniería” a executar as catas e sondaxes precisas para o proxecto de supresión do paso a nivel en O Porriño. Tratase do estudo xeo técnico a incluír no proxecto construtivo que acomete o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF). “GOC” foi a adxudicataria en unión temporal de empresas coa firma “Proínte” para a redacción do devandito proxecto. Segundo a documentación presentada pola adxudicataria, o obxectivo é determinar a estrutura xeolóxica dos terreos, tanto na área do paso a nivel a suprimir como ao longo dos posibles puntos onde sexa construída a nova estación do ferrocarril, xa sexa ao norte ou ao sur do Porriño. Actualmente, os redactores do proxecto están a valorar ata seis alternativas diferentes.
Trinta estradas e rúas de titularidade municipal terán sido arranxados ata esta semana dentro do plan de bacheos que realiza a Concellería de Vías e Obras que dirixe Lourdes Moure. Ata agora, 15 carreteiras bachearonse Atios, 5 en Cans e outras 5rúas no Porriño Centro. As rúas bacheadas no casco urbano foron Xogo da Ola, Navuxil, Sequeiras, Manuel Rodríguez e Gurpilleira. Esta mañá a concelleira acudiu a inspeccionar o resultado dalgúns destes traballos en Cans e Atios.Esta semana o persoal de Vías e Obras do Concello acomete arranxos na parroquia de Torneiros. A continuación seguirán por Pontelllas, Mosende, Chenlo e Budiño, segundo a planificación establecida. Levará esta orde "por economía de esforzos e aforro de tempo e materiais", explicou Lourdes Moure.Ata o momento, utilizáronse 28 toneladas de asfalto, 3.000 litros de emulsión quente e unha tonelada de area. As obras realízanse con medios propios e os contratados por concurso para subministrar materiais e maquinaria pesada.Doutra banda, a Concellería de Vías e Obras prepara un plan de reasfaltados para camiños e estradas municipais que xa non poden ser bacheados ao grao de deterioro. Unha acción que se realizará cunha partida específica pendente de asignar no seguinte orzamento municipal.
O Concello do Porriño iniciou a fase informativa cunha primeira reunión con diversas asociacións para explicarlles o proxecto sobre mocidade e cambio climático no abeiro do Programa de Desenvolvemento das Capacidades da Mocidade, xestionado directamente pola Comisión Europea e cun orzamento total de 150.000€.O proxecto internacional liderado polo Concello de Porriño “inclúe accións de capacitación con cursos, seminarios e campamentos formativos, e accións de mobilidade coa organización de eventos no Porriño e nos países participantes que son Portugal, Cabo Verde e Mozambique”, segundo explicou Lourdes Moure, concelleira de Educación e Fondos Europeos. Moure Varela presidiu esta primeira reunión de traballo convocada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e coa colaboración do profesor Amador Ordóñez, director do proxecto. Asistiron representantes das asociacións: Amas de Casa, “As Mimosas” de Carracido; Centro Cultural de Carracido; e representantes da entidade local menor de Chenlo, Casal Chan Budiño e San Xurxo de Mosende. Xunto co Concello participan as ong’s ASPEA (Asociación Portuguesa de Protección Ambiental) e a mozambicana ASEJANA (Asociación para a Xuventude e Educación de Adultos de Nampula). Tamén o centro de ensino porriñés IES Ribeira do Louro en representación da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e finalmente a Universidade de Cabo Verde. O proxecto denominado “EYFEC” (siglas en inglés de “Empowering Youth for Facilitating Ecological Transition”) ten como obxectivo empoderar á mocidade e ás institucións públicas e ás ong’s como axentes de cambio para o desenvolvemento ambiental sostible, obxectivo que cobra especial importancia no contexto actual de crise económica provocada pola pandemia sanitaria.
O goberno municipal acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, aceptase a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma "Soom Management", a explotación da Piscina Municipal. Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual, de 24 traballadores, da piscina municipal.
Este martes 6, a partir das 17 horas, retomarase o pleno ordinario que comezou o pasado mércores 31. A sesión será retomada no punto número 10 da orde do día. Exactamente no punto onde a sesión do mércores foi interrompida ao ordenar a alcaldesa un receso debido ao nivel de tensión que alcanzou. Como se pode verificar na gravación do Pleno que xa está cargado e dispoñible na Mediateca Municipal nesta mesma páxina web do Concello.
Cento vinte e seis establecementos, unha cifra que aínda pode medrar un pouco máis, entre locais de hostalería e comercios de proximidade participarán na iniciativa “A Miña Avoa”, un xogo para dinamizar o consumo no Porriño.
O Concello do Porriño , a través da Concellería de Festexos e a OMIX presentará este luns "A miña Avoa", unha iniciativa que vai poñer en marcha contando coa colaboración da Asociación de Comerciantes (Acipor), os Hostaleiros do Porriño (Ahospor), e os establecementos non asociados, durante os meses de abril e maio.A presentación terá lugar este luns, ás 13 horas, no salón de sesións do Concello.
Están a rematar as obras de restauración da Fonte da María Rosa en Pontellas. Despois de anos en estado de abandono, a Concellería de Patrimonio que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, está a levar a cabo obras de mellora e conservación neste elemento patrimonial municipal. O proxecto execútase con cargo a unha liña de subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural da Deputación de Pontevedra. O orzamento ascende a 9.769 €.
Están a rematar as obras de restauración da Fonte da María Rosa en Pontellas. Despois de anos en estado de abandono, a Concellería de Patrimonio que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, está a levar a cabo obras de mellora e conservación neste elemento patrimonial municipal. O proxecto execútase con cargo a unha liña de subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural da Deputación de Pontevedra. O orzamento ascende a 9.769 €.