Comeza o xogo "A Miña Avoa", unha iniciativa do Concello para estimular o consumo no comercio e na hostalería do Porriño

A partir de mañá, sábado 10 de abril comeza o xogo "A Miña Avoa", unha iniciativa do Concello en colaboración coas asociacións de comerciantes "ACIPOR" e de hostaleiros "AHOSPOR", para estimular o consumo dos porriñeses no comercio de proximidade e na hostalería local.A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza este certame que promove o Concello, a través da Concellería de Festexos e co apoio da Concellería de Comercio e coa producción a cargo da firma “Especialistas Hípica Celta”.O xogo, aberto a toda a cidadanía da vila, consiste na procura dun "tesouro", premios de 50€ para consumir no comercio e na hostalería locais. Da protagonismo á economía local, non só coa súa implicación, senón tamén, porque os premios reverten no consumo das propias empresas locais.

É imprescindible para participar, facer previamente algunha compra nos establecementos asociados e dispor do ticket de compra correspondente. 

O xogo consiste en localizar páxinas dun xornal vello polos establecementos adheridos á iniciativa. Cada folla do xornal conteñen 3 enigmas distintos. A través deles, a veciñanza ten que adiviñar onde se atopa o "tesouro" escondido. Poida que se xogue ao engano, pero só na primeira ollada, posto que non é imposible de acertar.En total son 145 establecementos do Porriño os que participan desta iniciativa que durará como máximo ata o 8 de xuño,Deixamos ligazón co pdf das bases para maior información. e coa páxina web de de Cultura

https://ecultura.net/wp-content/uploads/2021/04/BASES_A-MINA-AVOA.pdf

https://ecultura.net/xogo-a-mina-avoa/

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.