IMG_7638.jpg
Concentración do sector profesional de salóns de peiteado e imaxe en demanda da redución do IVE
Coa lectura dun manifesto en demanda da redución ao 10% do IVE para o sector de salóns de peiteado, barberías e estética, rematou a concentración de profesionais e traballadores da bisbarra que se celebrou na praza do Concello, cunha gran participación e por espazo dunha hora.
IMG_7659.jpg
As alcaldesas de Salvaterra, Salceda e Porriño despregaron unha pancarta cun lazo negro en condolencia cos familiares das vítimas do accidente no Alto da Brava
Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra do Miño xunto coas rexedoras de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira e de Porriño, Eva Garcia despregaron hoxe unha pancarta cun lazo negro no viaduto de Parderrubias, na estrada PO-510, preto do Alto Da Brava onde pasou o venres pola noite, o accidente no que morreron unha muller e dous dos seus fillos.
a35fec44-0e58-48be-bbd5-0bfbfd0daf33.jpg
Porriño sumouse á conmemoración do Día Internacional da Narración Oral
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, sumouse á conmemoración do Día Internacional da Narración Oral que se celebrou hoxe sábado 20 de marzo. Coa ocasión da efeméride realizouse un espectáculo cun aforo restrinxido, no auditorio ao aire libre do Centro Cultural Municipal a cargo da actriz Vero Rilo.O espectáculo de narración oral para público familiar da man da mestra e contadora Vero Rilo onde achegou unha selección de contos como xeito de achegamento á memoria tradicional e familiar compartida.
paso-a-nivel-porriño.jpg
Adif comunica traballos de mantemento no ferrocarril que afectarán ao tráfico de vehículos na área do paso a nivel
A Policía Local notifica unha serie de cortes e cambios de tráfico rodado para vehículos, debido aos traballos de mantemento que ADIF realizará a partir das 23 horas deste domingo 21 e ata as 6 da mañá do luns 22, na zona do paso a nivel.
IMG_7519.jpg
Un contedor amarelo xigante fronte á Casa Consistorial explica o reto "Recicla e Supérate"
Un contedor amarelo xigante instalado fronte á Casa Consistorial, actuando de expositor efémero para aprenderlle á cidadanía como reciclar adecuadamente no colector amarelo e así superar o reto “Recicla e Supérate”, promovido dende Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración coa entidade sen ánimo de lucro, dedicada á reciclaxe e á economía circular, Ecoembes.
IMG_7526.jpg
A concelleira de Seguridade entregou as tarxetas acreditativas das voluntarias da campaña de control da poboación felina
Lourdes Moure, concelleira de Seguridade, asistida por Daniel Rodríguez, inspector xefe da Policía Local, entregou hoxe as tarxetas acreditativas ás voluntarias e voluntarios que participan na campaña de control da poboación felina que promove o Concello.  Deste xeito, existe un rexistro de control para o coñecemento da Policía Local e para cumprir o que esixe a normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia.
PHOTO-2021-03-11-11-35-12.jpg
O mércores 24 reunirase de novo a Comisión Especial do Líndano
A alcaldesa Eva Garcia asinou hoxe a convocatoria da Comisión Especial para a Descontaminación de Líndano, que se reunirá de novo o mércores 24, ás 19:00 horas, no salón de plenos do Concello.
IMG_20210309_120027.jpg
A xunta de voceiros coñeceu o plan de axudas Covid para a hostalería, autónomos e micro empresas que se levarán ao próximo pleno municipal
O goberno municipal confía en que a corporación aprobe no próximo pleno municipal que se celebrará na última semana do mes, as bases do plan de axuda económica directa aos sectores máis afectados pola pandemia.
Infografia-IMPROVISDADO-2021-con-logos-.jpg
A páxina web do concurso "Improvisdado" xa está dispoñible
A segunda edición do concurso "Batalla de debuxantes Improvisdado" xa ten o seu propio sitio web.Foi realizado pola entidade "Vella Escola", produtora do certame, organizado polo Concello de Porriño, a través da Concellería de Cultura e Xuventude.
DIA_NARRACION_2021.jpg
O Concello únese á conmemoración do Día Internacional da Narración Oral
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, súmase á conmemoración do Día Internacional da Narración Oral que se celebrará o vindeiro sábado 20 de marzo. Por este motivo, celebrarase un espectáculo cun aforo restrinxido a 50 persoas, no auditorio ao aire libre do Centro Cultural Municipal (18.00 horas) a cargo da actriz Vero Rilo.
Concello-Porrino-panoramica-todo-el-consistorio-1.jpg
A xunta de voceiros municipais estuda o programa de axudas económicas pola crise derivada da pandemia
A xunta de portavoces municipais do Concello estudará este martes na reunión convocada a partir das 18:00 horas, as bases e a convocatoria para a concesión de axudas económicas extraordinarias a autónomos, microempresas e pequenas e medianas empresas situadas en Porriño.  Trátase de minimizar a grave situación social e económica que teñen que soportar os empresarios que resultaron afectados na súa actividade mediante o cese total ou parcial dos seus negocios polas sucesivas restricións.