A xunta de voceiros coñeceu o plan de axudas Covid para a hostalería, autónomos e micro empresas que se levarán ao próximo pleno municipal

O goberno municipal confía en que a corporación aprobe no próximo pleno municipal que se celebrará na última semana do mes, as bases do plan de axuda económica directa aos sectores máis afectados pola pandemia.

"Temos que comunicar que todos os grupos políticos expresaron o seu acordo con esta convocatoria de axudas á hostalería, empresas, autónomos e outras actividades que estaban pechadas total ou parcialmente", dixo David Alonso, concelleiro de Promoción Económica en relación ao debate celebrado na reunión de portavoces municipais celebrada na tarde de onte.

"Agardamos as achegas que os grupos municipais poidan facer nos próximos días e confiamos en que este plan de axudas dotado con 140.000 euros sexa aprobado no pleno deste mes que celebraremos en breve", engadiu Alonso Bargiela.

 O concelleiro de Promoción Económica que presentou a proposta na xunta de portavoces, sinalou que entre as liñas de axuda, "Porriño incorpora como novidade o que chamamos" liña 4 "que permitirá destinar a subvención municipal para sufragar os gastos de compra de mercadoría relacionada coa reapertura da actividade económica ", declarou.

As outras tres liñas que aparecen nas bases da convocatoria son para gastos de aluguer e gastos xerais (dende o 1 de xaneiro deste ano); gastos relacionados á implantación do comercio on-line; e para amortizar gastos correntes do cumprimento da normativa sanitaria anti-Covid.

A proposta presentada polo goberno municipal porriñés contempla unha contía destinada a esta liña de subvencións cun importe total de 140.000 euros.

Cóntase coa axuda da Deputación Provincial que autoriza a utilización do 20% da liña 1 do Plan Concellos para financiar achegas económicas directas por importe de 57.861,02 euros, aportando o Concello dos recursos propios a cantidade de 82.138,98 euros ata acadar a cifra total na presente convocatoria de 140.000 euros o que supón un 1% do orzamento municipal total en vigor.

O límite por beneficiario establécese na cantidade de 1.500 euros para aqueles sectores que sufriron o peche total e 1200 euros para aqueles outros que estiveran limitados no horario de apertura ao público ou sufriran perdas significativas.

Este programa de axudas económicas directas, caso de acadar a súa aprobación no próximo pleno da corporación municipal, publicarase no BOPPO, e de seguido, abriríase o prazo para presentar as solicitudes.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.