IMG_8369.jpg
Aberto o prazo para presentar as solicitudes de axudas económicas con cargo ao "Plan Porriño Impulsa"
Desde esta mañá xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para recibir axudas económicas directas con cargo ao “Plan Porriño Impulsa” que dispón dun fondo de 140.000 € aportados polo Concello e pola Deputación. As bases e os impresos das solicitudes xa están dispoñibles na páxina web do Concello.
PORRINO-IMPULSA-Lina-de-axudas.jpg
Bases e formularios para o plan de axudas a comercio e hostalería.
Descarga as bases na seguinte ligazón:
Datos-adjuntos-sin-titulo-00218.jpg
A Concellería de Cultura impulsa actos de conmemoración e recuperación da Memoria Histórica
Esta fin de semana no Porriño levaranse a cabo distintos actos no marco da recuperación da Memoria histórica que está a pór en marcha a Concellería de Cultura dirixida pola nacionalista Cami Moreira.
IMG_8346.jpg
A concelleira de Educación entrevistada no CEIP da Ribeira para "Louriña TV Escolar"
A concelleira de Educación, Lourdes Moure foi entrevistada por nenos e nenas de 4º de Primaria do CEIP da Ribeira, para a nova canle de “Louriña TV escolar”.
IMG_7988.jpg
A Alcadesa coida necesaria unha investigación por presunta falsedade no asunto das firmas dos concelleiros do PP
Un informe emitido polo Secretario Municipal respalda a decisión da Alcaldesa Eva García de non convocar un pleno extra solicitado polo PP. O informe do Secretario aprecia que a solicitude do PP non cumpre cos requisitos establecidos por lei.
PHOTO-2021-04-13-12-39-09-2.jpg
O Concello non intervirá no Colexio de Budiño xa que a Xunta de Galicia asumirá as súas responsabilidades
A Concellería de Educación amosa a súa satisfacción de ter acadado que “en 24 horas a Xunta de Galicia asuma as súas responsabilidades” e, polo tanto, atenda o urxente arranxo da cuberta do CEIP da Cruz, en Budiño que presenta un risco importante, segundo acreditou un informe da arquitecta municipal. A directora do devandito colexio, despois de recibir esta mañá a visita ao centro do xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, solicitou á concelleira Moure Varela que non envíe aos Bombeiros pasado mañá venres para a desmontaxe das partes da cuberta que se atopa en peor estado. A directora do CEIP indicoulle á concelleira de Educación que a Unidade Técnica da Consellería de Educación da Xunta manifestoulle que vai facer unha valoración da situación do inmoble e emitir un informe”.Deste xeito, o Concello do Porriño “considerase eximido de calquera responsabilidade que poida acontecer” e, por outra banda, “quedamos ca plena tranquilidade de ter actuado en canto se nos demandou”, segundo valorou a concelleira, Lourdes Moure.
nido-velutinas.jpg
Porriño renovou a súa adhesión ao Programa Galego de Control da Vespa Velutina
O Concello do Porriño renovou a súa adhesión ao Programa Galego de Vixilancia e Control fronte a vespa velutina. Este programa é produto dun convenio creado no ano 2020 entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para coordinar actuacións fronte a esta plaga. 
As-silenciadas.jpg
Aberta inscrición para asistir á proxección da película "As silenciadas"
O vindeiro sábado 17, ás 19 horas, no Centro Cultural Municipal terá lugar a proxección do filme documental "As silenciadas", programada pola Concellería de Cultura coa ocasión do 90 aniversario da II República.
PHOTO-2021-04-13-12-39-09.jpg
O Concello insta á Xunta a mudar a cuberta do Colexio de Budiño que se vai desmontar en parte para evitar riscos
Lourdes Moure, concelleira de Educación inspeccionou hoxe xunto co enxeñeiro municipal e persoal do Parque de Bombeiros, o estado da cuberta do Colexio da Cruz, en Budiño. Dúas zonas do tellado do centro escolar supoñen un serio risco, segundo acreditou un informe da arquitecta municipal que o Concello xa remitiu á Consellería de Educación para que a Xunta de Galicia acometa a correspondente reparación. Tamén a dirección do Colexio solicitou formalmente á Consellería o arranxo urxente da cuberta.
Eva-preside-pleno-municipal-con-mascarilla.jpg
A Alcaldesa denegou un pleno extra que solicitaba o PP, "ao non constar acreditada a autenticidade das firmas dos concelleiros"
A Alcaldía de O Porriño denegou a convocatoria de pleno extraordinario que ven de solicitar o grupo municipal do Partido Popular “ao non constar acreditada a autenticidade das firmas e a vontade dos concelleiros solicitantes”. Como consecuencia a solicitude de pleno “non ven correctamente firmada polo número necesario de concelleiros” (unha cuarta parte dos membros da corporación).
IMG_8243.jpg
O Delegado de Zona Franca entregou as chaves do local que acollerá a futura gardería infantil dos polígonos industriais do Porriño
David Regades, delegado do consorcio Zona Franca entregou este mediodía, en presenza da alcaldesa, Eva Garcia, as chaves do local que acollerá a futura gardería infantil dos polígonos industriais da Granxa e das Gándaras.
Cami-Moreira-en-inauguracion-exposicion-Texturas-dunha-guerra-invisible.jpg
Inaugurada a exposición "Texturas dunha guerra invisible" no Centro Cultural Municipal
A concelleira de Cultura, Cami Moreira presentou a inauguración da exposición "Texturas dunha guerra invisible", celebrada onte á noite no Centro Cultural Municipal.