Presentacion-Final-Four-Balonmano-femenino-juvenil-Galicia.jpg
Porriño acolle esta fin de semana a "final four" xuvenil feminina de Galicia de balonmán
Esta fin de semana rematará a competición autonómica de balonmán feminino na categoría xuvenil coa celebración da  Final a Catro ou "Final Four" que acollerá o Polideportivo Municipal de O Porriño.
Q55A4201.jpg
Entregados os seis premios do Xogo "A Miña Avoa"
Hoxe celebrouse nun acto no Centro Cultural Municipal, a entrega dos seis premios aos gañadores do Xogo "A Miña Avoa", un concurso organizado polo Concello e a Oficina Municipal de Información Xuvenil, Omix, destinado a promover o consumo no comercio e a hostalería do Porriño. O Xogo contou coa colaboración de 145 establecementos da vila. A veciñanza porriñesa participou dun xeito moi activo e acadou descubrir nun tempo record os seis “tesouros”, pois o xogo comezou o sábado 10 de abril e tense rematado en dez días cando a previsión era que durase ata primeiros de xuño.O xogo que era aberto a toda a cidadanía da vila, consistiu na procura dos seis "tesouros", premios de 50€ para consumir no comercio e na hostalería locais. Dando protagonismo á economía local, non só coa súa implicación, senón tamén, porque os premios reverten no consumo das propias empresas locais. Era imprescindible para participar, facer previamente algunha compra nos establecementos asociados e dispor do ticket de compra correspondente.
Palido-Domingo.jpg
O Concello celebrará o Día Internacional da Danza e a Festa dos Maios
O Concello informa de dúas actividades a desenvolverse nesta fin de semana englobadas na programación da Concellería de Cultura. Este venres 30, a partir das 20 horas, terá lugar a celebración do Día Internacional da Danza. Será na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 20 horas, a cargo da compañía "Pálido Domingo" que ofrecerá un espectáculo de danza contemporánea. O título da función que ofrecerán é: "Non hai que ser unha casa para ter pantasmas". 
PORRINO-IMPULSA-Lina-de-axudas.jpg
O Servizo de Intervención Municipal anuncia 10 días hábiles adicionais para correccións das solicitudes para o plan de axudas ao comercio e á hostalería
A páxina web do Concello publica hoxe un documento de corrección de erros para que se corrixan algunhas das solicitudes presentadas para o Plan "Impulsa Porriño" de axudas ao comercio e á hostalería. O mesmo documento de corrección de erros publicouse hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) como é preceptivo. De xeito que os solicitantes que xa presentaron documentación para a súa participación nesta liña de axudas, disporán dun prazo de 10 días adicionais -datas hábiles- a contar a partir de mañá venres 30, para corrixir a súas solicitudes.Toda a convocatoria así como as bases e documentos para as solicitudes poden consultarse na web do Concello premendo sobre o "banner" "Porriño Impulsa". Engadimos documento "pdf" coa corrección de erros
pleno-municipal-abril-2021.jpg
A corporación aprobou por unanimidade instar á Xunta de Galicia ao deseño e execución dun plan de vixilancia ambiental da actividade mineira
O Concello do Porriño instará á Xunta de Galicia para o deseño e execución dun Plan de Vixilancia Ambiental da Actividade Mineira. O acordo, adoptado por unanimidade pola corporación local no pleno municipal de abril celebrado onte, xurdiu a instancias do grupo EU SON que presentou unha moción con esta proposta referida á actividade mineira na parroquia de Budiño. Durante o debate da mesma, engadiuse que o devandito Plan de Vixilancia Ambiental tamén chegue ás explotacións mineiras de Atios, Chenlo e Cans.
Q55A3775.jpg
Presentación da "V Challenge Rías Baixas” de ciclismo que se disputará a fin de semana do 8 e 9 de maio
O ciclismo volverá ás estradas da bisbarra cunha competición como a “Challenge Rías Baixas” que neste ano 2021 vai cumprir a súa quinta edición, coa organización do club “Master da Louriña”. A proba, de rango nacional, terá lugar na fin de semana do 8 e 9 de maio, cando o Goberno Central ten previsto que decaia o estado de alarma e que se alivien moitas das restricións que aínda temos hoxe.
cribado-anti-Covid-en-Pabellon-2.jpg
A Xunta de Galicia xustifica pasar ao Porriño ao nivel medio de restricións pola detección de novos infectados
A Consellería de Sanidade explicou que a decisión, adoptada xunto co comité clínico asesor, de pasar ao concello do Porriño a un nivel medio de restricións débese á detección de novos infectados coa ocasión do recente cribado feito. Na roda de prensa ofrecida hoxe polo conselleiro e os seus principais colaboradores para explicar os acordos de onte, indicouse pola doutora Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública que "está a producirse un incremento en toda a comarca" e citou expresamente que no Porriño pasamos de 1 a 15 casos. "Estamos a realizar un seguimento", engadiu. Segundo os datos que comunicou hoxe o propio Servizo Galego de Saúde, O Porriño ten 16 casos nos últimos 7 días; 18 en 14 días e a taxa de incidencia situouse en 91.
cartel-challenge-rias-baixas-2021.jpg
Presentación da "Challenge Rías Baixas" de ciclismo
O ciclismo da bisbarra volverá ás estradas cunha competición como a “Challenge Rías Baixas” que neste ano 2021 vai cumprir a súa quinta edición, coa organización do club “Master da Louriña”. A proba terá lugar na fin de semana do 8 e 9 de maio, cando o Goberno Central ten previsto que decaia o estado de alarma e que se alivien moitas das restricións que aínda temos hoxe.
Pleno-Municipal-marzo-2021-votacion.jpg
Convocado pleno municipal ordinario de abril para este mércores 28
Esta mañá comunicouse aos grupos políticos da corporación, a convocatoria do pleno municipal ordinario de abril que terá lugar este mércores 28, a partir das 18 horas. Entre os asuntos máis salientables figura a moción que traslada o grupo municipal de EU SON para un plan de vixilancia ambiental sobre a actividade mineira na parroquia de Budiño.E pola súa transcendencia económica, un suplemento de crédito, financiado con remanente de tesourería, por importe de 457.000 €. Unha parte desa cantidade (415.000 €), para abonar el servizo de recadación municipal delegado no ORAL. A parte restante, 42.000 € son para abonar facturas en cumprimento de sentenzas xudiciais.Adxuntamos a orde do día da sesión. 
Concello-Porrino-plaza-en-perspectiva-con-lluvia.jpg
O prazo para presentar solicitudes ás subvencións municipais para as comunidades de augas de consumo do Porriño rematará o vindeiro 3 de maio
O Concello do Porriño informa de que o prazo para presentar as solicitudes para beneficiarse das subvencións municipais ás comunidades de auga potable, que este ano 2021 teñen un importe total de 95.000 €, rematará o vindeiro luns 3 de maio.
hamada.jpg
O director da película "Hamada" participará no coloquio posterior á proxección con representantes do pobo saharui
A Concellería de Cultura programou para mañá sábado 24, coa ocasión de finalizar a exposición “Texturas dunha guerra invisible” no Centro Cultural Municipal, un acto de clausura. Consistirá na proxección, en colaboración co Festival de Cans, da película “Hamada”, de Eloy Domínguez Serén. O propio director do filme asistirá e participará nun faladoiro que haberá a continuación, no que tamén intervirán con Mohamed Zerga, Delegado Saharauí en Galiza, Maite Isla Presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e a artista Galia Baba Chamah.
Porrino-vista-aerea-casco-urbano-2.jpg
A Alcaldesa explicou que o cribado do domingo ven motivado pola aparición dun brote nunha empresa
A alcaldesa Eva Garcia explicou hoxe aos asistentes á reunión telemática da Comisión Municipal de Seguimento da Covid que o motivo do cribado convocado polo Sergas para o vindeiro domingo “está relacionado coa aparición dun brote nunha empresa do Porriño”.