Flyer-Porrino.jpg
Volve a Feira do Libro ao Porriño
Este venres, ás 11,30 horas e nas instalacións da Biblioteca Municipal, terá lugar a presentación da V Feira do Libro do Porriño, un evento cultural que volve ás rúas da nosa vila despois dun ano de parón forzoso pola pandemia.
973ba21e-ad82-431f-9b2a-c3baddfc0475.jpg
Obradoiro sobre novas profesións para o alumnado de ensino secundario
A Oficina Municipal de Información á Xuventude xunto coa Concellería de Educación levan a cabo, ata o 31  de maio, a actividade “Mentoring para adolescentes: obradoiro sobre novas profesións, Pensando no meu Futuro”, que se imparte polos centros de ensino secundario do Porriño. Hoxe correspondíalle ao alumnado de 4º da ESO do IES Ribeira do Louro.
Eva-preside-pleno-municipal-con-mascarilla.jpg
O Tribunal de Contas do Reino arquiva a denuncia feita polo voceiro do PP contra a alcaldesa, Eva Garcia e varios concelleiros, por diversas contratacións
Este mediodía o Tribunal de Contas do Reino comunicou a resolución pola que non admite a trámite a denuncia feita por Alejandro Lorenzo, voceiro municipal do PP que acusaba de supostas contratacións irregulares á alcaldesa, Eva Garcia e a varios concelleiros do goberno municipal. O fallo do Tribunal de Contas tamén inadmite as imputacións realizadas polo Xulgado Contecioso Administrativo nº 1 de Pontevedra.  
IMG_9193.jpg
A alcaldesa comprobou o avance das catas xeotécnicas para o proxecto de supresión do paso a nivel
A alcaldesa, Eva Garcia comprobou este mediodía o avance das catas que se realizan cara á redacción do estudo xeotécnico, estudio de alternativas, proxecto básico e de construtivo para suprimir o paso a nivel no centro do Porriño. 
piano-de-cola-do-CCM.jpg
A Concellería de Cultura ofrece o préstamo do piano de cola do Centro Cultural Municipal
O Concello do Porriño, dende a Concellería de Cultura, ofrece un novo servizo, o préstamo do piano de cola situado no vestíbulo do Centro Cultural Municipal, para ensaios de estudantes de música, opositores ou profesionais do campo musical.
IMG-20210508-WA0000.jpg
Celebración en Atios do Día das Letras Galegas 2021
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, colabora coa parroquia de Atios nos actos de celebración do Día das Letras Galegas 2021.
Exposicion-A-poesia-do-retrato.jpg
O Concello continúa coa celebración das Letras Galegas coa exposición "Poesía do retrato"
Despois de que a mocidade do IES Ribeira do Louro, fixera o proxecto plástico das lonas que están expostas no Centro Cultural Municipal e no Concello, desde o 6 deste mes podemos gozar dos poemas de Xela Arias e retratos do fotógrafo Xulio Gil que forman parte da exposición ““Poesía do Retrato” no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. Ata o 30 de maio.
IMG_9111.jpg
Sergio Casal recolleu o galardón ao Concello do Porriño pola súa achega á campaña "Recicla e únte ao reto" de "Ecoembes"
- O premio de 2.000€ será doado á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual "Aceesca"
P1000382.jpg
O Consello da Infancia tratou coa concelleira de Educación sobre "espazos seguros" para a mocidade porriñesa
O Consello da Infancia e Adolescencia do Porriño tratou coa concelleira de Educación, Lourdes Moure e persoal da OMIX sobre entornos seguros para a mocidade porriñesa, na xuntanza celebrada no Centro Cultural Municipal. O encontro gravouse para realizar unha reportaxe que se emitirá na canle municipal on line “Louriña TV Escolar”.
IMG_20210320_122317.jpg
O Concello galardoado pola Xunta e "Ecoembes" pola súa achega á campaña "Recicla e únete ao reto"
O premio de 2.000€ será doado á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual "Aceesca"
IMG_9050.jpg
A deputada provincial de Novas Tecnoloxías visitou a oficina "SmartPeme" do Porriño
Ana María Mejías, deputada provincial de Novas Tecnoloxías realizou hoxe unha visita á oficina "SmartPeme" do Porriño, no Mulitusos de Torneiros. A deputada reuniuse con David Alonso, concelleiro responsable de Novas Tecnoloxías e co persoal de "SmartPeme".
PHOTO-2021-05-11-12-22-22.jpg
A alcaldesa, vacinada hoxe coa primeira dose de "Pfizer"
Hoxe que comezou a vacinación de persoas de entre 50 a 59 anos en todas as áreas sanitarias de Galicia, Eva Garcia, alcaldesa de O Porriño recibiu a primeira dose da vacina.