O Concello continúa coa celebración das Letras Galegas coa exposición "Poesía do retrato"

Despois de que a mocidade do IES Ribeira do Louro, fixera o proxecto plástico das lonas que están expostas no Centro Cultural Municipal e no Concello, desde o 6 deste mes podemos gozar dos poemas de Xela Arias e retratos do fotógrafo Xulio Gil que forman parte da exposición ““Poesía do Retrato” no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. Ata o 30 de maio.

A concelleira de Cultura, Cami Moreira, xa expresa no limiar do libro-catálogo da exposición, que :

“A poeta XELA ARIAS, foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea.

A súa pegada, parte dun proxecto artístico onde encaixan harmonicamente novos espazos para a poesía, como son a fotografía, a música a pintura, verdadeiras coartadas que afondan no empoderamento do corpo feminino e na perspectiva de xénero.

A súa poesía son azoutes de vida descarnada, de palabra tensa e contida, lonxe do artificio e a retórica; puro corpo onde sentir a violencia da existencia humana na que irremediablemente nos construímos, nos destruímos e nos reconstruímos nun rodopío continuo, non exento da beleza da palabra que se fai voz, que se fai murmurio, que se fai berro, que se fai alento...".

Con esta homenaxe do Concello do Porriño a Xela Arias tamén se recoñece a dimensión pública e comprometida, non só como poeta, senón tamén de quen sempre estivo posicionada a favor da lingua galega, de quen prestou a súa voz en mobilizacións cívicas, como as que se produciron pola marea negra do Prestige.

Innegable é a súa contribución, case como pioneira no labor da tradución á nosa lingua dos textos fundamentais da literatura universal.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.