Biblioteca-Municipal-Porrino-sala-de-lectura.jpg
A Biblioteca Municipal do Porriño formalizará a súa incorporación á rede "Bibliotecas en Igualdade"
A Concellería de Cultura informa que mañá 3 de xuño formalizarase a sinatura da carta de adhesión da Biblioteca Municipal do Porriño ao manifesto “Bibliotecas en igualdade”. Trátase dunha iniciativa de ámbito estatal de “Clásicas e Modernas”, unha asociación para a igualdade de xénero na cultura que busca rachar coa fenda de xénero na literatura. En Galicia xa asinaron a súa adhesión as bibliotecas de Verín, Cangas do Morrazo, Redondela, Viveiro e a Universidade de Vigo con todas as súas bibliotecas. E a partir de mañá, a Biblioteca Municipal do Porriño, de sempre moi sensible nesta materia, tamén incorporarase á Rede “Bibliotecas en Igualdade”.
vacunacion-Alcaldesa-2a-dosis.jpg
A alcaldesa recibiu hoxe a segunda dose da vacina anti-Covid
Eva Garcia acudiu este mediodía ao Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) onde fora citada para recibir a segunda dose da vacina contra a Covid-19. A alcaldesa do Porriño recibiu o preparado de "Pfizer", como da primeira quenda e deste xeito completou a pauta completa.
IMG_9480.jpg
A alcaldesa comprobou o arranxo das pistas de tenis do Polideportivo Municipal
A alcaldesa Eva Garcia comprobou hoxe o resultado das obras de arranxo das pistas de tenis do Polideportivo Municipal. A rexedora compartiu a visita co concelleiro de Deportes, David Alonso e co presidente do Club de Tenis Porriño, Agustín Doval.
Q55A5634.jpg
Tres visitas guiadas teatralizadas Antonio Palacios programadas para este mes de xuño
Este vindeiro sábado 5 de xuño terá lugar a segunda das visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios coa ocasión do 75 aniversario do falecemento do excepcional arquitecto porriñés.
saneamento-Corzon-1.jpg
A Concellería de Infraestruturas licita o saneamento de Corzón, en Pontellas
O Concello do Porriño anuncia que a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira (BNG) vai executar obras de saneamento en Corzón, parroquia de Pontellas.
4d4b5e49-d6b6-48a7-b6f6-9ad9ea1b9303.jpg
A alcaldesa visitou en Madrid as obras da réplica do Templete de San Luis
Eva Garcia de la Torre visitou na capital do Estado, xunto con responsables de Metro de Madrid e da empresa porriñesa “Godoy Maceira”, a réplica do Templete de San Luis que está a construírse, de novo, no seu antigo emprazamento, na estación de Metro de Gran Vía.
parcelas-rio-louro.jpg
O Porriño proxecta un gran parque público no Louro
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Patrimonio e Urbanismo dirixida polo nacionalista Pedro Pereira, anuncia que chegou a un acordo para a compra de aproximadamente 20.000 metros cadrados de terreos na contorna do río Louro.
actores-visitas-teatralizadas-Antonio-Palacios.jpg
Este sábado 29 comezan, con lista de espera, as visitas guiadas teatralizadas Antonio Palacios que seguirán ata outubro
Este sábado 29, a mediodía, comezará a primeira das dez visitas guiadas teatralizadas pola obra do excepcional arquitecto porriñés, promovidas polo Concello coa ocasión de celebrar o Ano Antonio Palacios polo 75 aniversario do seu falecemento.
reunion-Eva-con-ADIF-28-mayo-2021-A.jpg
ADIF agarda financiar a supresión do paso a nivel con fondos "Next Generation", segundo a información recibida pola alcaldesa
O ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) agarda que no prazo máximo de dez días rematen as catas xeotécnicas que están a realizar as empresas “GOC” e “Prointec” para determinar as características do chan. Coas conclusións dos traballos de sondaxes, acometerán a redacción do proxecto de construción coa alternativa que os técnicos elixan para soterrar a vía férrea e poñer en valor os terreos que se liberaran coa supresión do paso a nivel. Segundo o contrato que ADIF subscribiu con esas empresas, dispoñen dun prazo de 16 meses para entregar o proxecto, prazo que comezou a contar en novembro do ano pasado.
unidad_drogas.jpg
A Unidade Asistencial de Drogodependencias cede un local para reunións da escola de familias do programa "Achega" da Asociación "DOA Saúde Mental"
O Concello do Porriño cederá un dos locais da Unidade Asistencial de Drodependencias para a celebración de reunións da escola de familias do programa "Achega" da Asociación "DOA Saúde Mental". Trátase dunha actividade subvencionada pola Xunta de Galicia. Esta acción informativa e formativa de psicoeducación está destinada a aquelas familias que teñen algún membro cun trastorno mental grave ou una enfermidade mental crónica diagnosticada. Mañá venres haberá unha primeira reunión do grupo psicoeducativo para familias e achegados para saber máis das enfermidades mentais, o seu manexo e como mellorar a xestión de certas situacións. Os interesados poden contactar a través de número de teléfono e Whatsapp 664 64 93 07 ou a través de correo electrónico no enderezo jessica.gonzalez@asodoa.org
PHOTO-2021-05-27-10-52-12.jpg
Dous axentes da Policía Local evitaron un suicidio desde unha ponte no polígono das Gándaras
Dous axentes da Policía Local do Porriño evitaron onte o suicidio dunha persoa que estaba na varanda da ponte de acceso á Autovía A55 co polígono das Gándaras. Grazas á colaboración cidadá recibiuse aviso de que unha persoa estaba agarrada pola parte exterior da varanda da ponte, "con claras intencións de arroxarse cara a vía do tren", segundo sinala o atestado. Cando a patrulla policial chegou atoparon esa situación e tamén a un grupo de persoas que, a unha distancia prudencial, intentaban convencelo para que non se tirara. Nese intre circulaba un tren por debaixo da ponte. Os dous axentes actuaron con rapidez e destreza. Mentes un deles empezou a falar coa persoa que pretendía tirarse, o outro policía agarrouno polos brazos e o pescozo para evitar que se lanzase e puideron retiralo da zona de perigo ata que chegou unha ambulancia e tralasdouno ata o Centro de Saúde. A persoa protagonista desta tentativa de suicidio identificouse como un veciño de Salceda de Caselas, de 47 anos.
Catas-Adif-en-Praza-de-Abastos.jpg
A alcaldesa reunirase en Madrid co "Adif" para coñecer as xestions para acadar fondos da UE para suprimir o paso a nivel
Eva García de la Torre viaxará o xoves a Madrid para manter unha reunión de traballo con responsables do “ADIF” (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) a fin de coñecer de preto como están as xestións que realiza este organismo para acadar fondos para suprimir o paso a nivel do centro urbano do Porriño