O baloncestista galego, Alberto Abalde elixiu as instalacións do Polideportivo Municipal do Porriño para afinar a súa preparación cara aos Xogos Olímpicos, á espera da súa posible inclusión na lista definitiva de 12 xogadores que representarán a España. Abalde está na convocatoria de 18 preseleccionados que comunicou hai uns días o adestrador, Sergio Scariolo e que deberán concentrarse en Madrid a partir do venres 25.
O goberno municipal porriñés levará para a súa aprobación plenaria na vindeira sesión da corporación, o regulamento de tele traballo con Concello. O texto da proposta será trasladado mañá mércores aos demais grupos políticos da corporación na comisión municipal de Economía, Facenda e Persoal que deberá ditaminar o asunto para o pleno do vindeiro mércores 30 de xuño.
O proxecto para dotar de saneamento ao núcleo rural do Picouzo, na parroquia de Budiño, atópase en fase de licitación polo Concello do Porriño. A actuación requirirá dun investimento de 352.972 euros, co IVE incluído e un prazo de execución de 3 meses, a partir da adxudicación.
O Concello do Porriño ven de participar en Portugal, na primeira mobilidade do proxecto “EYFET” para o empoderamento da mocidade para facilitar a transición ecolóxica. O proxecto ten como obxectivo xeral o empoderar á sociedade, en especial aos mozos e mozas, e ás institucións públicas, empresas, Ong e demais axentes sociais, para que actúen como axentes de cambio para o desenvolvemento ambiental e sostible.
O Concello do Porriño informa de que hai un prazo ata as 00:00 horas do mércores 23 para que os particulares interesados en facer fogueiras nas súas fincas, na véspera de San Xoán, presenten as súas correspondentes solicitudes para acadar autorización municipal.Un bando da Alcaldía lembra as obrigas que deberán observar os solicitantes no que atinxe á montaxe, materiais e localización das fogueiras nos terreos de propiedade privada onde van facerse. Tamén o bando subliña que os solicitantes deben cumprir as normas de prevención contra Covid en propiedades privadas, como a distancia social e o uso dunha máscara, e que se respecte o número de 15 persoas reunidas ao aire libre e 6 se están en interiores.
Ás 20,30 horas, no Pavillón 1, o equipo cadete masculino do Balonmán Porriño Conservas Orbe, xogase hoxe o pase a semifinais do Campionato de España contra o conxunto valisoletano CB Delicias Play 360.
A visita guiada teatralizada Antonio Palacios prevista para mañá sábado 19, suspéndese debido á mala previsión meteorolóxica. A visita recuperarase noutra data, segundo informou o departamento de Cultura que organiza esta actividade coa ocasión da celebración polo Concello do Porriño do Ano Palacios.
A alcaldesa Eva Garcia ofreceu esta mañá unha recepción aos equipos participantes na fase final do Campionato de España de balonmán cadete masculino que está a celebrarse no Porriño dende onte. Acudiron delegacións dos sete equipos: Barcelona, Zaisa Bidasoa Irún, Cajasur Córdoba, Grupo IMQ Gijón, CBM Delicias Play 360 Valladolid, Fertiberia Puerto Sagunto e o club anfitrión e campión de Galicia, Balonmán Porriño Conservas Orbe.
A Concellería de Igualdade do Concello do Porriño informa que o Campamento Municipal de Verán 2021 queda suspendido pola situación motivada pola Covid-19 e seguindo as medidas de prevención provocadas pola pandemia.
A Agrupación de Protección Civil do Porriño atendeu os tres accidentes de tráfico con catro camións e outros vehículos implicados que ocorreron nas últimas horas en tres puntos do termo municipal. Un deles foi na Autovía A-55 pola saída dun camión que impacto contra a mediana.
Finalmente serán sete os equipos que participen a partir deste mércores 16, na fase final do Campionato de España de Balonmán Cadete Masculino que se celebrará ata o domingo no Polideportivo Municipal do Porriño. Lamentablemente un gromo de coronavirus con media ducia de xogadores contaxiados impediu que o Balonmán Granollers poida participar, e de feito xa renunciaron a viaxar.Os sete equipos participantes nesta fase final da que sairá o campión de España cadete masculino serán: Barcelona, Zaisa Bidasoa Irún, Cajasur Córdoba Balonmano, Grupo IMQ, CBM Delicias Play 360, Fertiberia Puerto Sagunto e o club anfitrión e campión de Galicia, Balonmán Porriño.O vindeiro xoves, a alcaldesa Eva Garcia ofrecerá unha recepción aos equipos participantes no Concello. Deixamos imaxe adxunta co cadro de emparellamentos e horarios de partidos desta fase final.
Os votos conxuntos do PP e de Manuel Carrera obrigaron a deixar enriba da mesa, a tramitación do Plan Estratéxico de Obras de Mantenento en Vías Municipais e Saneamento que a Concellería de Vías e Obras, dirixida pola socialista Lourdes Moure, levou hoxe a ditame pola Comisión Municipal de Economía. O devandito Plan, cun investimento previsto de 730.000 €, está baseado nunha moción que presentara o PP no pleno de abril, aprobada por unanimidade. Unha primeira proposta de plan plurianual da Concellería, levada ao pleno de maio, quedou pendente para matizar cos voceiros que foron chamados a consultas.