BREAKING-BATTLE-PORRINO-2021-CARTEL-.jpg
Preto de 40 inscritos para participar na "Breaking Battle Porriño" que se celebrará este sábado coa ocasión das Festas de San Bieito
A competición-espectáculo "Breaking Battle Porriño" que constitúe a principal novidade da programación das Festas de San Bieito, celebrarase este sábado coa participación de preto de 40 mozos e mozas de toda Galicia que practican esta modalidade deportiva que será olímpica nos Xogos de París 2024.
Concello-de-Porriño-foto-apaisada.jpg
O Concello resolve unha segunda quenda de axudas pola Covid, por importe de 35.647 € para hostalería, comercio e autónomos
O Concello do Porriño informa da resolución dunha segunda quenda de axudas económicas directas pola Covid deste exercicio 2021, que atenden a 27 solicitantes entre establecementos da hostalería, comercio, micro empresas e autónomos do municipio.
Proyecto-edificio-Centro-Cultural-Mosende.jpg
A concelleira Lourdes Moure anuncia a construción dun novo centro cultural para Mosende que atenderá unha vella demanda veciñal
A concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure anuncia que “a parroquia de Mosende disporá dun novo Centro Cultural en condicións, atendendo deste xeito unha vella demanda veciñal que esta concelleira asumiu como un compromiso político e persoal”, segundo manifestou a segunda tenente alcalde.
Reunion-telematica-Consellos-Infancia-Porrino-Redondela-e-Tomino.png
Os Consellos da Infancia e Adolescencia dos concellos do Porriño, Redondela e Tomiño condearon a morte violenta de Samuel Luiz
Os nenos e nenas que forman os Consellos da Infancia e Adolescencia dos concellos do Porriño, Redondela e Tomiño condearon a agresión e morte do mozo Samuel Luiz, vítima dunha malleira. Na sesión conxunta telemática que mantiveron os compoñentes destes tres consellos, os nenos participantes amosaron a súa preocupación pola “LGTBI fobia” existente na sociedade.
IMG_20210706_122913.jpg
A alcaldesa felicitou aos compoñentes do club Ximnasia Porriño polos seus recentes éxitos deportivos
Eva Garcia de la Torre e o concelleiro de Deportes, David Alonso acudiron este mediodía aos adestramentos do equipo de ximnasía rítmica do Club Ximnasia Porriño, no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal, para felicitarlles persoalmente pola excelente campaña deportiva que fixeron nas diferentes categorías nas que competiron.
Q55A1085.jpg
A alcaldesa felicitou ao neno motorista Iker Rodríguez que recibirá un convenio de patrocinio do Concello para a vindeira tempada
A alcaldesa Eva Garcia e o concelleiro de Deportes, David Alonso felicitaron persoalmente hoxe ao motorista Iker Rodríguez, un neno de porriñés 9 anos que se proclamou campión de España de categoría "supermotard" de 65 c.c. En compañía do seu pai, Jaime e dos restantes membros da familia, Iker recibiu da alcaldesa o anuncio de que para vindeira tempada de 2022, recibirá un convenio de patrocinio do Concello por un importe de 1.200 euros.
San-Bieito.jpg
Presentación Festas San Bieito 2021
A Concellería de Festexos que dirixe Cami Moreira presenta a programación das festas de San Bieito 2021 que este ano aínda estarán suxeitas ás circunstancias sanitarias.
IMG-20210705-WA0003.jpg
A Concellería de Igualdade convoca esta tarde unha concentración para demandar "Xustiza para Samuel"
O Porriño únese a unha chea de vilas e concellos de Galicia que van celebrar hoxe luns, de tarde, concentracións de repulsa pola morte do mozo Samuel Luiz, a causa dunha malleira en A Coruña e para esixir o esclarecemento do crime. A convocatoria circula por redes sociais baixo o título "Xustiza para Samuel". No caso do Porriño, A Concellería de Igualdade que dirixe Cami Moreira fai un chamamento á veciñanza para sumarse a esta concentración que vai ter lugar a partir das 20 horas na praza do Concello.
IMG_0317.jpg
A Asociación de Panadeiros presentou ao Concello o rexistro "Pan do Porriño", outorgado pola Oficina Española de Patentes e Marcas
A Asociación de Panadeiros presentou ao Concello, o rexistro "Pan do Porriño" outorgado pola Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. David Alonso, concelleiro de Promoción Económica e Turismo; e Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festas, en representación do Concello, recibiron un exemplar do título acreditativo da marca "Pan do Porriño" que lucirá a partir de hoxe nas oito panaderías que promoveron esta marca e adheríronse ao selo. Son "Forno de Mosende", "Chinchina", "Argibay" "Amaquía" "O Progreso", "Erundina", Milagros" e "Panadería Torneiros".
Piscina-Municipal-Porrino-gran-angular.jpg
Novidades na Piscina Municipal do Porriño
A partir de hoxe, día 1 de xullo e ata o día 31, a Piscina Municipal cambia o seu horario de apertura que pasa a ser o seguinte: de luns a venres de 7:00 a 14:00 e de 15:30 a 22:30, os sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 e os domingos de 10:00 a 14:00.Hai tamén outras novidades no funcionamento da Piscina, segundo informa o Servizo de Deportes. Atendendo á mellora epidemiolóxica xa non será obrigatorio reservar hora, pero será necesario seguir mantendo as normas sanitarias: uso de máscara en toda a instalación e en todo momento salvo cando estén na piscina, distancia de seguridade de 1,5 metros e lavado frecuente de mans.
Banner_Improvisdado-1.jpg
Amplíase ata o 31 de agosto o prazo de inscricións para a "II Batalla de Debuxantes Improvisdado", organizada polo Concello
A Concellería de Cultura e Festas que dirixe a concelleira Cami Moreira comunicou que amplía ata o 31 de agosto, o prazo de inscrición para participar na "II Batalla de Debuxantes Improvisdado", organizada polo Concello do Porriño coa ocasión das Festas do Cristo. Este concurso lanzouse no 2020, no primeiro estado de alarma como un estímulo para os creativos, para que puideran traballar dende as súas casas pese ao confinamento. Realizouse unha convocatoria por redes sociais para debuxantes que, de xeito profesional ou aficionado, desenvolveran algunha disciplina artística relacionada coa pintura. Entre os debuxos presentados, seleccionáronse seis artistas que concorreron á final celebrada nun escenario habilitado na praza do Concello. O artista alcumado “O Ras”, de Pontevedra foi o gañador daquela.Para este ano 2021 incluíronse diversas novidades e trasladase o escenario da final ao Parque do Cristo.Deixamos ligazón coa web de Cultura para máis información
IMG_20210701_114519.jpg
O Albergue reabriu este mediodía cunha notable afluencia de peregrinos e coa estrea do punto de información turística municipal
O Albergue do Porriño, pertencente á rede pública da Xunta de Galicia, reabriu este mediodía, cunha notable afluencia de peregrinos, e coa estrea do punto de información turística promovido polo Concello do Porriño.O Concello dotou ao albergue, desde hoxe, dunha axente turística, Belén Freire que se encarga de atender e informar aos peregrinos e visitantes sobre monumentos, paisaxes, oferta gastronómica e de tempo libre no Porriño. Esta técnica atenderá a diario, de luns a venres, en horario de 9 da mañá a 3 da tarde, segundo informou o concelleiro de Turismo, David Alonso.