IMG_1099.jpg
A concelleira de Vías e Obras inspecciona a execución de traballos no Polígono da Granxa e no lugar de Carreira, en Cans
Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras inspeccionou este mediodía a execución de diversos traballos de arranxo de beirarrúas no Polígono Industrial de A Granxa que está a realizar o departamento que dirixe con medios propios e persoal contratado coa colaboración do Plan Concellos da Deputación. Os traballos de arranxo desenvólvense en dous tramos da Avenida Principal do Polígono atendendo ao compromiso acadado pola concelleira Moure Varela coa asociación empresarial "Entidade Urbanística de Conservación A Granxa". Despois de levantar as beirarrúas en mal estado, aplícase unha capa de formigón co resultado que se pode apreciar en algunha das imaxes.
reunion-de-trabajpo-seguridad-Sons-da-Canteira.jpg
Reunión de traballo para establecer os protocolos de seguridade para o II Festival "Sons da Canteira"
A concelleira de Festas, Cami Moreira presidiu esta mañá unha reunión de traballo para establecer os protocolos de seguridade para o II Festival "Sons da Canteira", evento organizado polo Concello do Porriño, que volverá o próximo 28 de agosto á canteira en proceso de restauración de Vilafría. Xunto coa concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, asistiron por parte do Concello, el oficial xefe en funcións da Policía Local e o responsable da agrupación de Protección Civil. Tamén participaron mandos da Garda Civil e os responsables da empresa promotora do espectáculo, "Doppler Gestión Cultural"."Sons da Canteira establece estritos protocolos de seguridade e distanciamento social para un aforo reducido de persoas ao aire libre. O festival ten, ademais, persoal dedicado en exclusiva á limpeza e xestión de residuos.Os protocolos de seguridade, coa experiencia acadada na edición de 2020, son basicamente os mesmos cos engadidos que require o aumento de aforo que haberá este ano. En 2020 houbo 500 espectadores e para este ano haberá 600.
Concello-Porrino-fachada-lateral.jpg
A xunta de voceiros municipais debateu novas propostas de axuda á economía local e futuros convenios coas comunidades de montes
O alcalde accidental, Pedro Pereira presidiu hoxe a reunión da xunta de voceiros municipais que abordou dous asuntos: novas propostas de axudas á economía local e a negociación de convenios coas comunidades de montes. O concelleiro de Promoción Económica, David Alonso solicitou aos restantes grupos da corporación que fixeran as súas propostas sobre que destino darlle aos cartos sobrantes do fondo de axudas Covid que ao longo deste ano repartiu o Concello entre establecementos de hostalería, comercio, autónomos e micro empresas que as solicitaron. A partida era de 140.000 € dos que se entregaron achegas por importe de 112.280 € polo que a cantidade nos disposta é de preto de 28.000 €. Acordouse que o concelleiro daralle forma a unha proposta para habilitar unha convocatoria de axudas á que poderán presentarse establecementos, autónomos e micro empresas que non tiveran recibido anteriormente achegas desta liña de axudas ”Porriño Impulsa”. Por outra banda, Pedro Pereira, en condición de concelleiro de Patrimonio Municipal informou aos voceiros dos grupos da corporación que está a negociar coas comunidades de montes. Trasladoulles un borrador de convenio coa comunidade de montes de Budiño que establece unha cesión de uso dos locais namentres non haxa unha resolución xudicial firme. Pereira Fernández informoulles que tamén está a traballar e negociar outro convenio similar coa comunidade de montes de Atios.
IMG_0967.jpg
Iniciáronse hoxe a limpeza das fachadas e posterior arranxo da cuberta do Concello
Operarios da empresa “Naturgalia” comezaron hoxe a hidro limpeza das fachadas do Concello, iniciando os traballos polo lateral do edificio consistorial que cara á rúa Antonio Palacios. A previsión é que en sete días laborais a hidro limpeza estea rematada.
Fachada-Concello-de-Porriño.jpg
Convocada xunta de voceiros municipais para debater novas propostas de axudas á economía local e convenios coas comunidades de montes de Atios e Budiño
O xoves 5 celebrarase xunta de voceiros municipais, convocada ás 12,30 horas, con dous asuntos na orde do día que se comunicou aos grupos políticos da corporación.
visita-david-alonso-a-estacion-Staroil.jpg
O programa municipal de inserción laboral "Porriño Accede" acada colocar 42 persoas no primeiro semestre do ano
A Concellería de Emprego que dirixe o concelleiro David Alonso ven de facer balanzo dos resultados acadados no primeiro semestre deste ano polo programa municipal de inserción laboral "Porriño Accede". Dos 75 usuarios que teñen participado ata xuño nos programas de formación, 42 persoas obtiveron emprego nas dez empresas colaboradoras. As empresas que están a colaborar co programa municipal "Porriño Accede" son "PSA Citroen", "Staroil", "Asientos de Galicia", "Chousal", "Megalta", "Plenoil", "Fegoblan", "Zoka", Valver" e "Narwhall Boats". A xuízo do concelleiro "as cifras de ocupación son lixeiramente mellores das obtidas en 2020". "Coidamos que é debido ao impacto da crise dos micro chips que afecta ao sector da automoción que é o tractor que tira en maior medida do emprego no noso concello", engadiu David Alonso. O concelleiro anunciou que en agosto continuarán as formacións con cursos presenciais nas instalacións de "Porremprego" "enfocados aos segmentos con máis demanda de emprego actualmente como son gasolineiras e operarios de almacén", rematou David Alonso.
Piscina-Municipal-Porrino-gran-angular.jpg
A Piscina Municipal pechada en agosto
Lembramos aos usuarios que a Piscina Municipal do Porriño permanece pechada desde hoxe, luns 2 de agosto e ata o martes 31. A instalación reabrirá o mércores 1 de setembro. Desde o pasado 1 de xullo, fíxose cargo da explotación da Piscina, a empresa "Soom Management" que foi a gañadora do proceso de licitación que se resolveu en marzo. Esta empresa, que actualmente leva tamén as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e subrogou ao persoal actual, de 24 traballadores, desta instalación.
Sons_da-_Canteira_2021.jpg
A segunda edición do festival Sons da Canteira do Porriño celebrarase o próximo 28 de agosto
A venda de entradas comeza o vindeiro luns 2 de agosto
Comision-Municipal-Seguimiento-Covid.jpg
O luns recuperarase a atención presencial nas oficinas do Concello, sen cita previa, agás en Servizos Sociais
A partires do vindeiro luns 2 de agosto, as oficinas do Concello do Porriño recuperarán a atención presencial en todas as dependencias agás no departamento de Servizos Sociais. Nas oficinas de Servizos Sociais manterase un control de aforamento e requirira cita previa para atención, aínda que se simplificará a petición por teléfono ou en persoa.
Concello-Porrino-panoramica-todo-el-consistorio-1.jpg
Convocada Comisión Municipal de Seguimento da Covid para este venres 30
A alcaldesa Eva García convocou reunión da Comisión Municipal de Seguimento da Covid que vai ter lugar este venres 30, ás 12 horas, de xeito `presencial, no Concello. Na devandita Comisión participan todos os grupos políticos da corporación porriñesa. 
IMG_0843.jpg
A corporación aprobou por unanimidade o gasto de máis de 700.000€ en asfaltados e saneamentos; duplicar a achega ao Festival de Cans e retomar a atención presencial no Concello
A corporación municipal do Porriño aprobou por unanimidade dispoñer o gasto de 729.478 euros para obras de asfaltado e saneamento de vías municipais, segundo acordou o pleno ordinario de xullo celebrado onte. Trátase da primeira fase dun plan de actuación plurianual máis ambicioso valorado en máis de 2 millóns de euros.
Concello-de-Porriño-foto-apaisada.jpg
O Porriño entrará en restricións de nivel alto a partires do sábado 31
O Conselleiro de Sanidade ven de anunciar este mediodía as novas restricións por concellos decididas pola Xunta de Galicia que entrarán en vigor ás 00:00 do vindeiro sábado 31 de xullo. O aumento de contaxios e da taxa de incidencia ocorrida no Porriño na última semana motiva que o noso concello entre en restricións de nivel alto, a partires do sábado.