PHOTO-2021-09-08-11-35-06.jpg
A alcaldesa recibiu á ciclista Ana María González Cuña, campioa de España de BTT XCM
A alcaldesa, Eva García recibiu e felicitou a ciclista porriñesa Ana María González Cuña, do Mitto X-Sauce Team, que se proclamou campioa de España BTT XCM da categoría Master 40B feminina o pasado 29 de agosto en Lalín. Anteriormente xa fora subcampioa de España (2018 Logrosán, Estremadura) e bronce dúas veces (2016 en Cataluña e 2015 en Aragón) nas súas respectivas categorías.
IMG_20210907_190420.jpg
Presentación do novo traballo do grupo musical "KAF!", no Centro Cultural Municipal
Esta tarde celebrouse a presentación do novo disco do grupo KAF!, no Centro Cultural Municipal, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas do Concello do Porriño. Cami Moreira, concelleira responsable presidiu o acto de presentación deste novo traballo musical deste grupo chamado "Cuando las palabras fallan...". No acto participaron os catro compoñentes de KAF!: Kiri Cabaleiro, batería, gaita, frauta traveseira, baixo e voz; Ana Belén Rodríguez, piano, key guitar, batería, baixo e voz; Fran Leboso; guitarra, piano, batería, armónica e voz; e Irene Anta, baixo, guitarra, piano, key guitar e voz.Tamén estivo Alex Sobrino, amais de ser o fotógrafo e deseñador da caixa de discos e embalaxes, é o escritor, director e actor de Metamorfose, unha obra teatral de ciencia ficción cuxa banda sonora foi producida por KAF!, e incluída neste disco. Neste intre Alex e KAF!, únense nun novo proxecto artístico, a realización dun vídeo-clip dirixido por Alex Sobrino, onde se conxuga o mundo escénico e o musical.Ana, Fran e Kiri son profesores da Aula de Música Pianagrama de Mos, da que Ana é hoxe a fundadora e directora. E Fran e Kiri levan case dúas décadas tocando xuntos en diferentes bandas.Estes tres artistas da música, reuníanse para acompañar ás bandas afeccionadas que ían xurdindo no seu colexio, isto vai en aumento e pronto aparecen os contratos.Para reforzar a tríade, deciden apostar pola calidade de cancións máis elaboradas, e pensan en Irene Anta para unirse á formación, unha das súas estudantes máis salientables, e así é como chega a exclamación !, formando finalmente a configuración actual, nace KAF!Ata a data, levan máis de 2 anos tocando nun momento difícil, pero agradecidos de non ter parado, grazas a montar concertos en todo tipo de escenarios (sen público para os veciños nos balcóns durante a desescalada, concertos 360o, en liña ...).O vindeiro venres 17 de setembro terá lugar un concerto ao vivo, ás 21:00h na praza de San Sebastián, no Porriño para completar a presentación deste novo traballo do grupo KAF!.
Biblioteca-Porrino-Dinamizacion-da-lectura-2021.jpg
Este xoves comezan as actividades de dinamización da lectura, organizadas pola Biblioteca Municipal
A Biblioteca Municipal do Porriño organiza neste mes de setembro dúas actividades para o Club de Lectura, dentro do programa “Ler conta moito”, en colaboración coa Xunta de Galicia.
Reunion-Eva-con-ADIF-28-mayo-2021-B.jpg
A alcaldesa agarda manter unha reunión oficial coa nova presidenta do ADIF
Eva García, alcaldesa do Porriño, envioulle esta mañá unha carta a María Luísa Domínguez, a nova presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), polo seu recente nomeamento, consecuencia da última remodelación ministerial realizada polo presidente do Goberno.
IMG_20210903_135031.jpg
A alcaldesa asistiu aos actos de homenaxe a Ian Gibson no Festival de Cans
A alcaldesa Eva Garcia de la Torre, xunto con outras concelleiras e concelleiros porriñeses, acudiron hoxe aos actos de homenaxe a Ian Gibson rendidos polo Festival de Cans. Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra tamén asistiu ao coloquio co historiador de orixe británica, asentado en España dende hai moitos anos. Gibson é o protagonista do film "Donde acaba la memoria", de Pablo Romero-Fresco que onte á noite estreouse nun pase realizado no Centro Cultural Municipal.
Eva-Lourdes-y-David-viendo-arranque-etapa.jpg
A Policía Local realizará cortes de tráfico de mañá e tarde nas rúas afectadas polo paso da Volta Ciclista a España
A Policía Local do Porriño anuncia que este sábado 4 de setembro, coa ocasión do paso da etapa da Volta Ciclista a España, realizará cortes de tráfico, en horarios de mañá e tarde, nas rúas afectadas polo paso da carreira.
Escola-Municipal-de-Musica-matricula-2021_2022-1024x538-1.jpg
A Escola Municipal de Música abre o prazo para formalizar a matrícula para o curso 2021/22
Dende o martes 14 ata o venres 17 de setembro pódese formalizar a matrícula e reservar horarios na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Multiusos de Torneiros), en horario de 16 a 21 horas, segundo a preinscrición realizada no mes de xuño.
IMG_1820.jpg
A alcaldesa desexou "moita sorte e éxitos" ao fútbolista porriñés Gabriel Freiría que vai xogar na Serie B do fútbol sala italiano
A alcaldesa recibiu hoxe no seu despacho a Gabriel Freiría, fútbolista porriñés de 23 anos que se vai incorporar á disciplina do Júnior Domitia, equipo da Serie B do “Calcio a 5” (fútbol sala) con sede en Castel Volturno, na rexión italiana da Campania.
1c89b2c5-0f0f-4bbc-9fdd-bc7054d858a5.jpg
O concelleiro de Deportes agarda que "nos vindeiros anos a Xunta tamén aposte por Porriño para unha etapa da Volta Ciclista a España".
O equipo feminino porriñés "Cocinas LaSal Louriña Cycling Team", que ten o Concello como principal patrocinador institucional, iniciou hoxe a súa participación na Volta Ciclista a Portugal, proba incluída no calendario internacional da "UCI World Tour". Uxía Fernández, María Toba, María Coya, Cristina Torres e Marta Barbeito forman o conxunto porriñés que  participará na volta portuguesa ata o domingo 5.
CEIP-Fernandez-Lopez.jpg
A alcaldesa manifesta "a satisfacción do Concello" polos compromisos da Xunta para os arranxos no IES Pino Manso e no CEIP Fernández López
A alcaldesa Eva García manifestou "a satisfacción do Concello polos compromisos adquiridos pola Consellería de Educación” para arranxar centros de ensino do municipio,  que “agardo que sexa un sinal dun cambio de actitude da Xunta de Galicia cara ao Porriño e que esa atención ás nosas necesidades non remate aquí", declarou hoxe a rexedora.
b5561ab7-aa93-4ab3-ac77-6ed0b8740fa8.jpg
En execución as obras de saneamento de Corzón, en Pontellas
O Concello do Porriño informa que xa están en execución as obras de saneamento no núcleo de Corzón, na parroquia de Pontellas. A previsión é que estarán rematadas a finais de setembro, segundo anuncia a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira.O proxecto en execución ten un orzamento total de preto de 56.000 euros e saíu a licitación no pasado mes de xuño. Trátase dunha obra financiada polo “Plan Concellos 2021” da Deputación Provincial de Pontevedra.
OMIX-Porrino.jpg
Mozos e mozas porriñeses participarán nunha avaliación sobre o cumprimento da Convención dos Dereitos do Neno
Mozos e mozas que integran o Consello da Infancia e da Adolescencia do Porriño participarán ao longo do mes de setembro en diferentes grupos focais que traballaran nunha avaliación sobre o grao de cumprimento da Convención dos Dereitos do Neno por parte das institucións do noso país.Segundo informan a Oficina Municipal de Información á Xuventude, OMIX do Porriño e a Concellería de Educación, os representantes porriñeses abordarán temas de igualdade de xénero, violencia, educación, saúde e benestar, a través do traballo de debate nos grupos de participación. Os rapaces e rapazas porriñesas participarán na elaboración dun informe sobre diversos asuntos de actualidade que entregarán ao Comité de Dereitos dos Nenos, Nenas e Adolescentes. Coas conclusións e propostas, os grupos focais, compostos a súa vez por nenas e nenos de todo o país, elaborarán o informe final para o Comité dos Dereitos do Neno. Este informe serviralle ao Comité para avaliar se o estado español está a facer todo o posible para respectar a Convención dos Dereitos do Neno da que forma parte.