IMG_20210910_122429.jpg
Festas do Cristo 2021: cambios de localización para varios eventos por previsión meteorolóxica adversa
A Concellería de Festexos comunica que hai varios cambios de localización para diversos eventos das Festas do Cristo, debido ás previsións de mal tempo para hoxe e mañá.
IMG_2251.jpg
Completase a limpeza exterior do Concello
Os traballadores da empresa "Naturgalia" retirarán o valado exterior e a maquinaria que rodea o edificio do Concello, unha vez rematada la limpeza das fachadas. Durante os últimos días, realizouse unha hidrolimpeza e aplicouse unha imprimación para evitar novas humidades, co fin de preservar o edificio, deseñado polo arquitecto Antonio Palacios.
IMG_20210919_180326.jpg
Festas do Cristo 2021: Cambio de localización das próximas dúas eliminatorias do xogo "Trivium Porriño"
A Concellería de Festexos informa que, debido á previsión meteorolóxica, decidiu cambiar o lugar onde se celebrarán as dúas próximas quendas de clasificación do xogo "Trivium Porriño", previstas para o venres 24 e o sábado 25. Terán lugar no pavillón  do colexio "Fernández López" onde se instalará o escenario para o desenvolvemento das dúas probas. Haberá público con aforo limitado.
20210921_111715.jpg
A piques de rematar o pavimentado do Camiño do Casal de Vello en Torneiros
A construtora "Covsa", adxudicataria do proxecto de mellora, está a piques de rematar a pavimentación do Camiño de Casal de Vello, na parroquia de Torneiros.
6d619f1c-d04f-453a-8eb8-b019bb76fe7a.jpg
A Alcaldesa convidou á vicepresidenta Yolanda Díaz a visitar Porriño
A alcaldesa Eva García convidou a Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do goberno e ministra de Traballo a visitar Porriño. A invitación foi enviada hoxe martes por carta, xunto con dous libros sobre Porriño e o arquitecto Antonio Palacios nos que Yolanda Díaz amosara especial interese.
Concello-de-Porriño-panorámica-de-la-plaza-.jpg
Convocadas catro comisións informativas, preparatorias do próximo pleno municipal ordinario
Este mércores 22 convocáronse catro comisións informativas. Trátase das comisións municipais de Urbanismo; Limpeza; Economía, e de Contas, a celebrarse entre as 18:00 e as 19:00 horas.
IMG_2253.jpg
Inscricións e axenda da homenaxe a José Antonio Gónzalez
As persoas que desexen asistir ao acto deberán inscribirse na seguinte ligazón: https://app.cluber.es/.../1e3e516afe2fd2e51975111f20c2481...
ebf18455-da89-4937-9375-309982eb7f89.jpg
“Trivium Porriño”: clasificadas as dúas primeiras parellas para a final do 2 de outubro
Esta fin de semana clasificáronse as dúas primeiras parellas nas probas de eliminación para acceder á final do concurso TRIVIUM PORRIÑO que terá lugar o sábado 2 de outubro
Ganadores-y-finalistas-II-Batalla-de-Debuxantes-Improvisado.jpg
"Makinoteka" gañou a II edición da Batalla de Debuxantes "Improvisdado"
A segunda edición da "Batalla de Debuxantes Improvisdados", celebrada no Parque do Cristo, concluíu coa vitoria de "Makinoteka", artista madrileño, por decisión do xurado do certame.
Lourdes-Moure-visita-Creactivity.jpg
A concelleira de Educación visitou o autobús "Creactivity", un espazo para promover o enxeño de nenos e adultos
A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, en colaboración coa "Fundación La Caixa", organizan a actividade "Creactivity" que é un espazo itinerante promovido pola entidade financeira. Consiste en obradoiros que se realizan en colaboración cos centros educativos do municipio.
Policia-Local-Porrino-foto-aerea-control.jpg
Aviso de cortes de tráfico polo paso da Volta Ciclista a Galicia
A Policía Local alerta dos cortes de tráfico que se producirán este venres, ao mediodía, cunha duración de 15 a 30 minutos, nas estradas polo paso da Volta Ciclista a Galicia.A etapa Ponteareas-Ponteareas que comezará ás 12:00 dende a vila do Tea, entrará no Porriño por Cans, pola N-120, arredor das 12:15, dependendo da velocidade á que transite o pelotón. Ao pasar polo centro de Porriño hai unha meta volante na cafetería Platinium. A carreira discorrerá pola rúa Antonio Palacios, xirará na rotonda cara á avenida Domingo Bueno e conectará coa estrada nacional 550 en dirección a Tui. A caravana virará cara a Atios e Budiño segundo o libro de ruta da etapa que publicamos na imaxe adxunta. A previsión é que ao redor das 12.30 conclúa o paso da etapa por Porriño.
porremptego.jpg
Obradoiro de emprego "Porriño Labora"
A Concellería de Emprego e Promoción Económica do Concello do Porriño vai a desenvolver o Obradoiro de Emprego “Porriño Labora” no que se impartirán as especialidades formativas: