A alcaldesa manifesta "a satisfacción do Concello" polos compromisos da Xunta para os arranxos no IES Pino Manso e no CEIP Fernández López

A alcaldesa Eva García manifestou "a satisfacción do Concello polos compromisos adquiridos pola Consellería de Educación” para arranxar centros de ensino do municipio,  que “agardo que sexa un sinal dun cambio de actitude da Xunta de Galicia cara ao Porriño e que esa atención ás nosas necesidades non remate aquí", declarou hoxe a rexedora.

García de la Torre valorou hoxe como "moi necesaria" a obra de mellora da eficiencia enerxética do Instituto de Ensino Secundario "Pino Manso" que presentou onte o conselleiro Roman Rodríguez cun investimento de máis dun millón e medio de euros.

A alcaldesa subliñou tamén o compromiso acadado con César Pérez Ares, o xefe territorial de Educación que acompañou o conselleiro, para "acometer no Colexio Fernández López a retirada da actual cuberta de uralita que ten amianto e a súa substitución por materiais máis modernos e non nocivos". Nesta obra o Concello "vai colaborar coa remodelación dos teitos da parte das aulas de educación infantil, de acordo co proxecto que a Consellería realizou e que nos enviará nos vindeiros días para establecer a nosa colaboración orzamentaria", rematou Eva García.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.