O Concello do Porriño xa dispón dunha achega de 10.900 euros, con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea, para a redacción dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable, coñecido como "PACES".
Duascentas persoas, a unha media de 40 por día, foron atendidas na primeira semana de funcionamento da oficina de información á veciñanza sobre a actualización de parcelas feita polo Catastro e que afecta a 17.400 propiedades.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de O Porriño encargarase a partir das nove da noite de hoxe de avisar aos establecementos de hostalería da rúa peonil para que recollan as súas terrazas, a fin de facilitar o valado e sinalización do recinto que acollerá mañá sábado a comitiva de participantes na 54ª edición do Rallye Rías Baixas.Os voluntarios da agrupación que dirixe Suso Gónzalez "Carrola", deixarán sinalizado esta noite o recinto que mañá sábado recibirá os tres reagrupamentos de vehículos participantes que están previstos en tres quendas horarias: 11,28 a 11:58; 15,40 a 16:10; e finalmente de 18:54 a 19:09. A Policía Local, pola súa banda, restrinxirá o tráfico pola rúa Pío XII e prohibirá o estacionamento de vehículos para garantir o acceso dos participantes ao recinto dos reagrupamentos. E xunto con Protección Civil realizarán labores de vixilancia e seguridade no transcurso dos tramos cronometrados que durante a mañá e a tarde do sábado terán lugar polo termo municipal porriñés.Finalmente Protección Civil tamén colaborará coa dotación do Parque Comarcal de Bombeiros do Porriño en previsión de calquera accidente no que fose necesaria a súa intervención. O evento automobilístico ten ao Concello do Porriño como unha das institucións que máis anos leva colaborando coa proba, tanto de xeito económico como na loxística.
Un total de 112.280 euros e o importe final das axudas económicas directas adxudicadas polo Concello ao longo deste ano 2021 para paliar as consecuencias das restricións pola Covid entre os sectores da hostalería, comercio, autónomos e micro empresas do Porriño.
O Porriño será de novo parte esencial do "Rallye Recalvi Rías Baixas" que acadará a súa 54ª edición despois do forzoso parón ocasionado pola pandemia en 2020. O evento automobilístico ten ao Concello do Porriño como unha das institucións que máis anos leva colaborando coa proba, tanto de xeito económico como na loxística.
Desde esta mañá está a funcionar o espazo de información á veciñanza para aclarar dúbidas é consultas sobre a actualización da calificación das parcelas, realizada pola Xerencia Territorial do Catastro en aplicación da lexislación vixente.
Xa están abertos os prazos de inscrición para dous cursos que se van impartir nas instalacións de “Porremprego”, no Multiusos de Torneiros. Horario de atención ao público de 10 a 14 horas.
A partir do luns 19, o Concello do Porriño habilitará un espazo de información á veciñanza no salón de plenos para aclarar as dúbidas e consultas sobre a actualización da calificación das parcelas, realizada pola Xerencia Territorial do Catastro en aplicación da lexislación vixente de ámbito estatal.
O Servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra fixo chegar ao Concello do Porriño as actuacións previstas no "III Plan Móvese" para aumentar a seguridade viaria nas estradas provinciais que, no que atinxe a este municipio, proxectan instalar "lombos" e pasos de peóns sobreelevados, na E.P. 2401. Concretamente nun treito de 5 quilómetros entre O Porriño e Mosende, proxéctanse 5 redutores físicos de velocidade (lombos) e 8 pasos de peóns sobreelevados.
Os concelleiros do goberno municipal Sergio Casal, David Alonso e Cami Moreira recibiron hoxe no salón de plenos do Concello aos peregrinos que portan a "Mochila da Luz" en homenaxe ás vítimas da Covid.
Un total de 57 peregrinos aloxáronse no Albergue do Porriño desde que o pasado día 1 reabriu as súas instalacións, segundo informou a Concellería de Turismo con datos da primeira quincena deste mes. A súa orixe maioritaria é nacional e procedían primeiramente de Madrid, Valencia e Murcia. Tamén rexistrouse afluencia de peregrinos estranxeiros con predominio de portugueses, británicos e de diversos países asiáticos.
Este xoves 15 reunirase o tribunal de avaliación das solicitudes que aínda restaban por atender para acceder ás axudas económicas directas municipais para establecementos de hostalería, comercio, micro empresas e autónomos do Porriño afectados polas restricións durante este ano 2021.