O Porriño renova o seu vínculo co "Rallye Rías Baixas"

O Porriño será de novo parte esencial do "Rallye Recalvi Rías Baixas" que acadará a súa 54ª edición despois do forzoso parón ocasionado pola pandemia en 2020. O evento automobilístico ten ao Concello do Porriño como unha das institucións que máis anos leva colaborando coa proba, tanto de xeito económico como na loxística.

O sábado 24, a mediodía, terá lugar na peonil, o reagrupamento de vehículos participantes que accederán ao recinto pechado pola rúa Pío XII. A Policía Local do Porriño prestará apoio, organizando o tráfico e restrinxindo o estacionamento.

Ademais, para los aficionados ao motor, varios tramos da xornada do sábado transcorrerán polo termo municipal porriñés. "Como sempre o treito de baixada por Chenlo será dos máis espectaculares e vistosos para os espectadores", manifestou Fernando Mouriño, presidente de la Escudaría Rías Baixas e responsable da organización, durante a presentación celebrada este mediodía na praza do Concello.

Desde o punto de vista da participación, Mouriño subliñou que ao pasar o Rías Baixas a ser proba puntúable para a Copa de España de Rallyes de Asfalto, "acadamos os 73 equipos participantes con pilotos de tanta sona como José Antonio Suárez, alcumado 'Cohete" que ven de gañar en Ourense, Sergio Vallejo, actualmente primeiro da clasificación xeral da Copa de España e Oscar Palacios, que vai segundo", indicou.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, David Alonso expresou no nome do Concello "a ledicia que nos produce recuperar a celebración de esta proba e renovar o noso vínculo". Por último Alonso Bargiela recalcou a importancia do Rally Rías Baixas como elemento de dinamización do turismo no noso concello e na contorna e polo que supón de promoción económica para o sector da hostalería que está a pasar unha situación moi complicada".

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.