O Concello do Porriño anuncia a concesión de achegas a catorce comunidades de traídas de augas do municipio por un importe global que suma 77.607 €, segundo informa a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira. Este departamento convocou por segundo ano consecutivo este lote de achegas municipais ao que se presentaron catorce comunidades. Todos os solicitantes foron aceptados e non quedou ninguén excluído xa que cumprían cos criterios recollidos na convocatoria.
Esta tarde, a corporación local do Porriño coñecerá a proposta da mesa de contratación para outorgar o contrato de recollida, transporte e tratamento de lixo e residuos e xestión do Punto Limpo do Concello á firma "Servicios dos Concellos Galegos S.L.". Un contrato dun custe de 1.300.000 euros por ano e cunha duración de nove anualidades (8+1), ao que renunciou a empresa "Valoriza Servicios Medioambientales S.A." que fora a mellor valorada na licitación convocada polo Concello.
A Concellería de Infraestruturas e Mobilidade, que dirixe Pedro Pereira, comunica o remate dos traballos realizados estes días na rotonda de confluencia de Antonio Palacios coa rúa Domingo Bueno e a avenida de Galicia.
A alcaldesa Eva Garcia firmou este mediodía, por sede electrónica, as ordes de pagamento aos 45 beneficiarios do primeiro lote de axudas económicas directas outorgadas polo Concello do Porriño a establecementos de hostalería, comercio e autónomos que as solicitaron polo impacto dos peches derivados da pandemia.
O Concello do Porriño vendeu os 23 vehículos municipais en desuso que permanecían almacenados no recinto do Multiusos de Torneiros desde outubro de 2019, cando se renovou o parque móbil municipal. A pesares de que os vehículos tiñan prezos de saída de saldo (entre 50 e 100 euros) finalmente as ofertas elevaron o prezo de venda. O monto total da venda dos 23 vehículos acadou 8.697 euros (impostos incluidos).
Edgar Costas Sanmartín recibiu o IV Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais, instituído polo Concello do Porriño e organizado polo IES "Ribeira do Louro" e por Editorial Galaxia. O acto de entrega do galardón desenvolveuse no salón de actos do instituto porriñés. A obra do autor galardoado titulase "Casa de feras", segundo o fallo ao que deu lectura a profesora Raquel Castro, secretaria permanente do xurado. Francisco Castro, director xeral de "Editorial Galaxia" entregou o galardón e o diploma acreditativo.
Esta mañá operarios do Servizo de Vías e Obras do Concello iniciaron un zafarrancho de reparacións de beirarrúas que se estenderá ao longo das vindeiras semanas polo centro urbano, parroquias e polígonos industriais. Comezaron co arranxo e reposición de baldosas de pedra na praza Arquitecto Antonio Palacios e na rúa peonil. “Demos preferencia á contorna do Concello pola maior afluencia de peóns que está a notarse co incremento dos peregrinos e visitantes” subliñou a alcaldesa Eva García.
A Escola Municipal de Música do Porriño abre o prazo de inscrición previa para o curso 2021/2022. A partir do vindeiro xoves 1 de xullo e ata o 19 do mesmo mes, pódese solicitar as prazas.
Mozas e mozos porriñeses que forman parte do Consello Municipal de Participación da Infancia e Adolescencia, fixeron a súa achega á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ 2021 colaborando na execución dun mural no Centro Cultural Municipal.
O Concello do Porriño iniciou os trámites ante a Real Federación Española de Atletismo para que envíe técnicos a fin de verificar e homologar as pistas de atletismo municipais da Granxa o que permitirá albergar competicións e validar marcas. "Polo tanto acadar a rendibilidade social, deportiva e económica dunha instalación que custou algo máis dun millón de euros, aportados polo Plan Concellos da Deputación", manifestou David Alonso, concelleiro de Deportes quen considera que a homologación "vai ser unha gran noticia non só para O Porriño senón tamén para a contorna".