A Concellería de Vías e Obras que dirixe a socialista Lourdes Moure anuncia o arranxo por vía de urxencia de dous camiños en Chenlo e Torneiros que se atopan en moi mal estado. Trátase do Camiño de Penedo, en Chenlo onde a concelleira comprobou o estado do mesmo en compañía do alcalde pedáneo da entidade local menor, Jacobo Alonso. E do Camiño existente en Torneiros entre a Fase 1 e o local da AAVV San Salvador, cun grao de deterioro moi importante, segundo comprobou a concelleira en compañía do enxeñeiro municipal.
Eva García de la Torre solicitou que Madrid "honre debidamente ao noso arquitecto Antonio Palacios, que deixou unha obra tan destacada nesta capital, coa concesión do nome dunha rúa sobranceira da cidade". A alcaldesa do Porriño falou este serán ante un auditorio ateigado de público no Círculo de Belas Artes de Madrid. Entre os espectadores ocupou un lugar salientable na primeira fila de cadeiras, Yolanda Díaz, vicepresidenta terceira do Goberno Central e deputada de Galicia en Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra.Antes de que dera comezo o acto, alcaldesa e vicepresidenta estiveron falando e recibiron un agasallo da directiva do Círculo de Belas Artes.
O tribunal de avaliación formado por técnicas municipais e presidido polo concelleiro de Emprego, David Alonso resolveu hoxe o primeiro lote de axudas económicas directas outorgadas polo Concello do Porriño a establecementos de hostalería, comercio e autónomos que as solicitaron polo impacto dos peches derivados da pandemia.
Os concelleiros, David Alonso, de Emprego e Novas Tecnoloxías, e Sergio Casal, de Comercio, apadriñaron a presentación da plataforma “ROOMBO” de reparto a domicilio que leva funcionando semana e media no Porriño. O seu franquiciado local, Alberto Parada e representantes do sector hostaleiro local asistiron ao acto informativo, celebrado esta mañá no salón de plenos do Concello.
A Concellería de Cultura programou neste mes de xuño unha serie de actividades baixo o título "A Cultura viaxa ás parroquias" que inclúe nesta vindeira fin de semana dúas sesións de narración oral que teran lugar en Torneiros e Budiño, a cargo de Vero Rilo. Tamén o sábado 12, haberá en Chenlo, unha sesión de cinema familiar coa proxección da película "O soño dunha noite de San Xoán".
Eva Garcia de la Torre participará mañá xoves en Madrid, no Círculo de Belas Artes, na presentación do libro "Trazar la mirada, Cuaderno de Viaje de Antonio Palacios", do que é autor o arquitecto Alvaro Bonet. O acto vai ter lugar ás 19 horas, na sede do Círculo, un edificio de seis plantas na rúa Alcalá que é un deseño do propio Palacios. O presidente da entidade anfitrioa, Juan Miguel Hernández de León abrirá o acto e presentará á alcaldesa de Porriño. Ademais, intervirán Manuel Blanco Lage, director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid; Ana Belén Berrocal, enxeñeira de camiños e o autor, Alvaro Bonet. A obra é editada pola firma "Engaiolarte" que xa publicara anteriormente "Unha viaxe por Galicia", de Xosé Ramón Iglesias, por iniciativa do Concello do Porriño, despois de que a alcaldesa acadase a cesión dun fondo documental con debuxos orixinais de Antonio Palacios conservados en 11 cadernos e outro material de traballo do arquitecto porriñés. Agora Alvaro Bonet, seguindo o traballo comezado polo profesor Moncho Iglesias, inclúe en "Trazar la mirada, Cuaderno de Viaje de Antonio Palacios" máis de 250 imaxes de paisaxes, monumentos e tipos humanos que permiten comprender mellor a dimensión artística do arquitecto porriñés. Na súa intervención, a alcaldesa lembrará que O Porriño está a celebrar o "Ano Antonio Palacios" cunha serie de actos programados ata outubro. Actualmente e con moitísima aceptación, realízanse as visitas guiadas teatralizadas, con actores e acompañamento musical, que instrúen aos visitantes sobre a traxectoria e personalidade do arquitecto a través dun roteiro polas obras de Palacios na súa vila natal.
A alcaldesa, Eva Garcia, acompañada de David Alonso, concelleiro de Deportes, recibiron ás compoñentes do equipo infantil feminino do "Porriño Baloncesto Base" que esta semana participará na fase final do Campionato de España que se vai celebrar en Marín. O "PBB" clasificouse como mellor terceiro equipo de Galicia e terá como rivais na primeira quenda a Canoe, de Madrid e os campións de A Rioxa e Murcia.
A Concellería de Servizos Sociais que dirixe David Alonso ven de realizar un balance das actuacións deste departamento dende que comezou a pandemia. O informe ofrece datos espectaculares como a cantidade de alimentos repartidos entre familias en risco de exclusión social. Un millón de quilos de produtos non perecedoiros e conxelados distribuídos a través do Banco de Alimentos SÓS Porriño, coa colaboración de voluntarios, Protección Civil e Policía Local. A metade dese millón de quilos de produtos, repartidos ao longo dos quince meses transcorridos, proceden de doazóns de empresas de Porriño e da contorna, e o resto das achegas realizadas polo Concello con fondos propios. Nos peores momentos da pandemia, esa axuda alimentaria alcanzou a 500 familias do Porriño. Actualmente tan só é precisa para 160 familias, segundo informou David Alonso.
A empresa "Distribucións Rivas" fixo entrega hoxe ao Concello do Porriño dunha doazón de 33.600 máscaras cirúrxicas e 270.000 unidades de luvas desbotables. O material de protección doado por "Dis Rivas" será repartido, a través da Policía Local entre os establecementos de hostalería e usuarios de Servizos Sociais e do Banco de Alimentos "SOS Porriño".
O Concello do Porriño vai celebrar o sábado 10 de xullo a “Breaking Battle Porriño” que será unha competición/encontro de Breaking Dance que terá lugar por primeira vez na nosa vila.
Coa participación de 150 corredores dos mellores equipos ciclistas das categorías elite e sub-23 tanto de Galicia como do resto do Estado, O Porriño vai recuperar sitio no ciclismo nacional coa celebración do Gran Premio Concello do Porriño que terá lugar o vindeiro domingo 6 de xuño. O concelleiro de Deportes, David Alonso reivindicou que "grazas ao traballo de moita xente o apoio das institucións, O Porriño disfrutará de novo do mellor ciclismo".
A OMIX xunto coa Concellería de Educación do Concello do Porriño, levan a cabo dende hoxe 1 de xuño e ata o vindeiro venres 11, un Obradoiro de Drones.