A alcaldesa participará, no Círculo de Belas Artes de Madrid, na presentación do libro "Trazar la mirada, Cuaderno de Viaje de Antonio Palacios"

Eva Garcia de la Torre participará mañá xoves en Madrid, no Círculo de Belas Artes, na presentación do libro "Trazar la mirada, Cuaderno de Viaje de Antonio Palacios", do que é autor o arquitecto Alvaro Bonet. O acto vai ter lugar ás 19 horas, na sede do Círculo, un edificio de seis plantas na rúa Alcalá que é un deseño do propio Palacios. O presidente da entidade anfitrioa, Juan Miguel Hernández de León abrirá o acto e presentará á alcaldesa de Porriño. Ademais, intervirán Manuel Blanco Lage, director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid; Ana Belén Berrocal, enxeñeira de camiños e o autor, Alvaro Bonet. A obra é editada pola firma "Engaiolarte" que xa publicara anteriormente "Unha viaxe por Galicia", de Xosé Ramón Iglesias, por iniciativa do Concello do Porriño, despois de que a alcaldesa acadase a cesión dun fondo documental con debuxos orixinais de Antonio Palacios conservados en 11 cadernos e outro material de traballo do arquitecto porriñés. Agora Alvaro Bonet, seguindo o traballo comezado polo profesor Moncho Iglesias, inclúe en "Trazar la mirada, Cuaderno de Viaje de Antonio Palacios" máis de 250 imaxes de paisaxes, monumentos e tipos humanos que permiten comprender mellor a dimensión artística do arquitecto porriñés. Na súa intervención, a alcaldesa lembrará que O Porriño está a celebrar o "Ano Antonio Palacios" cunha serie de actos programados ata outubro. Actualmente e con moitísima aceptación, realízanse as visitas guiadas teatralizadas, con actores e acompañamento musical, que instrúen aos visitantes sobre a traxectoria e personalidade do arquitecto a través dun roteiro polas obras de Palacios na súa vila natal.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.