O Porriño recupera o seu sitio no ciclismo nacional co Gran Premio Concello do Porriño elite e sub 23

Coa participación de 150 corredores dos mellores equipos ciclistas das categorías elite e sub-23 tanto de Galicia como do resto do Estado, O Porriño vai recuperar sitio no ciclismo nacional coa celebración do Gran Premio Concello do Porriño que terá lugar o vindeiro domingo 6 de xuño. O concelleiro de Deportes, David Alonso reivindicou que "grazas ao traballo de moita xente o apoio das institucións, O Porriño disfrutará de novo do mellor ciclismo". 

A proba, organizada polo club local "Master da Louriña", co apoio do Concello e da Deputación Provincial, será puntuable para a Copa de España de clubs e ao mesmo tempo a última cita antes do Campionato de España. Por esta razón o seleccionador galego da categoría sub 23, Xacobo Ucha subliñou "a importancia que vai ter o resultado na convocatoria que realizará para os ciclistas que sexan seleccionados para representar a Galicia no Campionato de España".

Na presentación da proba, realizada hoxe no vestíbulo do Polideportivo Municipal, Djamel Avendaño, en representación do club organizador, explicou que o percorrido do Gran Premio Concello do Porriño "será moi atractivo e ao tempo moi recoñecible para os aficionados locais" con tres subidas (San Cosme e Abelenda por dúas veces) e un total de 140 quilómetros con saída e chegada na Avenida Domingo Bueno.

Tamén asistiu a presentación Gorka Gómez, deputado provincial delegado de Deportes que eloxiou o traballo do club organizador e do Concello no apoio do deporte e celebrou que "a recuperación de eventos deportivos é unha boa nova para axudar na reactivación polo que supoñen en turismo e polo tanto en movemento económico". 

Durante o acto, tanto Gorka Gómez como David Alonso, no nome da Deputación e do Concello expresaron as súa tristura pola nova do pasamento de Isaura Abelairas e trasladaron as súas condolencias á familia da deputada autonómica e exconcelleira de Vigo.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.