O Concello compromete co presidente da Federación Galega de Atletismo a homologación das pistas municipais da Granxa

O Concello do Porriño iniciou os trámites ante a Real Federación Española de Atletismo para que envíe técnicos a fin de verificar e homologar as pistas de atletismo municipais da Granxa o que permitirá albergar competicións e validar marcas. "Polo tanto acadar a rendibilidade social, deportiva e económica dunha instalación que custou algo máis dun millón de euros, aportados polo Plan Concellos da Deputación", manifestou David Alonso, concelleiro de Deportes quen considera que a homologación "vai ser unha gran noticia non só para O Porriño senón tamén para a contorna".

O concelleiro mantivo unha reunión con Isidoro Hornillos, presidente de la Federación Galega de Atletismo quen explicou que a homologación das pistas do Porriño pódese acadar a través da recente normativa aprobada pola RFEA que nun apartado recolle a validación a estes efectos das que se definen como "instalacións singulares". Enténdense como tales calquera instalación de atletismo na que, sen poderse disputar todas as probas, si que sexa posible a celebración de xeito acorde a regulamento, dalgunhas ou da meirande parte". "Precisamente neste suposto encaixan as pistas municipais da Granxa que permiten celebrar probas de velocidade e valas na pista de 60 metros; probas de velocidade, medio fondo e fondo na pista circular de 200 metros e, por outra parte, no módulo semicuberto, as probas técnicas de saltos de altura, pértega, lonxitude e triplo salto", explicou David Alonso. Pola súa parte, Hornillos manifestou "o interese da Federación de Atletismo en que o Concello acade o máis cedo posible esa homologación para que se aumente a dotación de pistas para competición nunha zona de gran tecido atlético como é o sur de Galicia e o norte de Portugal".

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.