O pleno aprobou o plan de axudas "Porriño Impulsa 2021"e decidiu a nova concesionaria da Piscina Municipal

O goberno municipal acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, aceptase a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma "Soom Management", a explotación da Piscina Municipal.  Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual, de 24 traballadores, da piscina municipal.

O acordo tomouse esta tarde pleno municipal ordinario de marzo, na sesión retomada no punto no que se suspendeu o pasado mércores. Votaron a favor os sete concelleiros presentes hoxe (4 do PSOE, 2 do BNG e Manuel Carrera da UDDL). Non acudiron os concelleiros e concelleiras dos restantes grupos municipais.

A alcaldesa Eva García explicou que a convocatoria respondía ao principio de “unidade de acto” recollido na lexislación municipal vixente e polo tanto a sesión retomábase e rematábase hoxe. “E o mesmo pleno coa mesma orde do día que se celebra en dúas sesión. Non hai nin nulidade nin ilegalidade nesta convocatoria”, rematou a alcaldesa que citou que “tamén ese é o criterio” do secretario xeral do Concello, Eduardo Portela.

Lembremos que na primeira parte deste pleno, tomáronse dous acordos salientables e ambos por unanimidade dos 17 concelleiros da corporación. Deste xeito acordouse que o Concello do Porriño habilite a liña de axudas económicas directas aos sectores máis afectados pola Covid, cunha asignación total de 140.000 €.  O plan, chamado "Porriño Impulsa 2021" está destinado á hostalería, comercio e autónomos, os máis afectados polas restricións derivadas da pandemia actual. Tamén aprobouse por unanimidade unha modificación do orzamento por unha cantidade de 108.000 € para afrontar as achegas municipais a varios programas de contratación de persoal subvencionado que suporán a creación de 196 postos de traballo.

Tamén na primeira deste pleno tomou posesión como nova concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Ascensión Rosario Costas que cubre a vacante deixada por Ana María Paradela.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.