O cadro "A prisión de Francisco I" que estaba en depósito no Concello desde 1929, volveu esta semana ao Museo do Prado

Un equipo técnico enviado polo Museo do Prado retirou e trasladou cara a Madrid, o cadro “A prisión de Francisco I", que estaba en depósito nas dependencias do Concello do Porriño desde o século pasado. 

O óleo, obra do pintor italiano Giovanni Migliara foi cedido polo Museo do Prado ao Concello con data do 11 de decembro de 1929. A pintura estivo colgada nunha das paredes da antigas oficinas da alcaldía durante 92 anos.

É parte do que se chama "El Prado disperso”, que denomina as obras das diferentes coleccións pictóricas que o Museo cedeu debido á escaseza de espazo de exposición nas súas dependencias desde que abriu ao público, en 1819.

Máis dun século despois, a partir de 1980, a dirección do Museo do Prado comezou unha revisión dos depósitos feitos para verificar que as obras permaneceron nos lugares e institucións que documentaban os seus arquivos e coñecer o seu estado de conservación.

O levantamento do depósito feito a Porriño responde á decisión do Museo para volver a expoñer a pintura de Migliara nos salas do século XIX. Probablemente a mediados deste ano, segundo o persoal do Prado.  Previamente pasará por un proceso de posta a punto polos restauradores do Museo, aínda que o estado de conservación é bo, segundo comunicaron.

 "A prisión de Francisco I" recrea o encarceramento do antigo rei Francia na Cartuja de Pavía, logo de ser derrotado polo emperador Carlos I en 1525. Este lenzo foi pintado por Giovanni Migliara ao redor de 1825 segundo os rexistros do Museo do Prado. A raiña María Cristina de Borbón mercouno e incorporouse aos fondos da pinacoteca nacional.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.