A alcaldesa Eva García recibiu hoxe ós presidentes e directivos dos doce clubs da vila que se benefician de contratos de patrocinio do Concello do Porriño. Os convenios xa corresponden ó exercicio de 2020.
Cami Moreira, concelleira de Cultura asistirá hoxe en Compostela a unha reunión convocada polo titular da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia que chamou a representates de todos os concellos vencellados co Camiño de Santiago.
David Alonso, concelleiro de Deportes e directivos do Club de Atletismo Porriño presentaron a segunda edición da “Porriño 10k”, carreira pedestre que pretende establecer un novo record de inscricións. En 2019 rexistrou 1385 participantes e a pretensión do Concello e do Club de Atletismo é acadar os 1500.
O Concello ofreceu unha recepción ós ciclistas porriñeses que acadaron títulos e unha sobranceira participación no recente Campeonato de España de Ciclocross celebrado hai dúas semanas en Pontevedra.
Na sesión ordinaria de xaneiro debatiuse e aprobouse por maioria (PSOE, EU SON, BNG e UDDL) que o Concello de O Porriño apoie institucionalmente a manifestación en defensa da sanidade pública de Galicia prevista o vindeiro 9 de febrero en Santiago.O acordo adoptouse por partida dobre xa que houbo dúas mocións con esa demanda que presentaron os grupos EU Son e BNG. En ambos casos o PP votou en contra.
O Concello do Porriño convoca a primeira edición do concurso de carteis do que sairá o que servirá para anunciar o Entroido 2020. O prazo de presentación de deseños rematará ó 10 de febrero ás 20 horas.
A partir do 3 de febreiro abre o prazo de inscrición para o Desfile de Comparsas do Entroido 2020 que pechará o día 18 incluído, segundo ven de anunciar a Concelleróia de Festexos do Concello do Porriño.
A Concellería de Cultura propón a creación dun Rexistro de Artistas Locais de O Porriño para o que nas redes sociais de Concello e nesta mesma web incluímos a correspondente información así como o formulario coa solicitude de inscrición.
A Alcaldesa, Eva García de la Torre e o concelleiro de Turismo, David Alonso viaxan este mércores a Madrid para asistir á presentación en FITUR do Xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño” do que O Porriño forma parte xunto con trece concellos máis.
Entre as comisións informativas municipais que se van celebrar este mércores para preparar o vindeiro pleno, engadiuse a convocatoria da Comisión de Asuntos Sociais na que os grupos municipais de EU Son e BNG presentan sendas mocións en defensa da sanidade pública.
A Concellería de Cultura do Concello do Porriño que dirixe Cami Moreira programou para este mes de xaneiro tres funcións de teatro pensado para as familias que terán lugar os sábados 11, 18 e 25 no Centro Cultural Municipal.