O Concello do Porriño desenrolará durante todo o mes de febreiro, un intenso programa cultural e de actividades, que van dende obradoiros, pasando por conferencias ou animación na rúa, que chegará ao seu punto álxido entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo, coa celebración do 'Entroido 2017'.
O Concello do Porriño, por medio da Biblioteca Municipal, pon en marcha ‘Nimbo’, un programa de animación á lectura, que ten coma personaxe central a este personaxe. Este argonauta, procedente dun dos planetas atopados polo telescopio Kepler, chegou na súa nave ‘Argos’ á Terra nunha misión para descubrir novos planetas habitados.
O Concello do Porriño proxectará o filme ‘Querida Gina’, que ten coma protagonistas a Juan Sánchez e Serafín Rodríguez, dous veciños da parroquia de Cans que, a finais do ano pasado, estivo entre as candidatas ás nominacións aos Premios Goya.
A Concellería de Deportes acometerá, con cargo ao Plan de Obras 2017 da Deputación,a mellora do campo de fútbol de Atios, co cambio do céspede por un novo de calidade Fifa Quality Pro
Durante todo o curso a peza teatral ‘Cousas’, baseada na coñecida obra do médico, debuxante, pintor, político e escritor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, será representada, na adaptación proposta por ‘Os Quinquilláns Teatro’, en máis de 40 localidades de toda Galicia.
A Deputación de Pontevedra achegará este ano 2017 un 3,76% máis de recursos ao Concello do Porriño no marco do “Plan Concellos”. Deste xeito, este municipio da comarca viguesa recibirá un total de 1.052.165,16 €, 38.161,80 euros máis que en 2016, ano no que xa tivo un 33,8% de incremento respecto do 2015 (o que se traduciu en 256.078,46 € máis). Á marxe do Plan Concellos, O Porriño recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o Concello poderá concorrer.
O Porriño será, por segundo ano consecutivo, sede da fase final da Copa da Raína de Balonmán, competición que se xogará os días 28, 29 e 30 de abril. Finalmente, as negociacións entre o Goberno local, a Alcaldía, a Concellería de Deportes e distintas administracións e empresas privadas fixeron posible dispor do orzamento necesario para que a vila volva a ser sede desta competición.
A Biblioteca Municipal do Porriño inicia a súa programación de 2017 con dous tipos de actividades, unha periódicas, que se desenvolverán de xeito continuado ao longo do ano, e un grupo de actividades puntuais, que se organizarán con motivo da celebración de distintas datas de interese.
O Porriño prepárase xa para a Cabalgata das Súas Maxestades os Reis Magos, que chegarán á vila o xoves, día 5, ás 6 e media da tarde. A esa hora Melchor, Gaspar e Baltasar, sairán nas súas carrozas cara ao centro antes de empezar, xa pola noite, o reparto dos xoguetes.