Programación do Entroido 2020: Convocase concurso para elixir o cartel anunciador

O Concello do Porriño convoca a primeira edición do concurso de carteis do que sairá o que servirá para anunciar o Entroido 2020. O prazo de presentación de deseños rematará ó 10 de febrero ás 20 horas.

Poderán participar todos cantos queiran con plena liberdade de técnica sempre que non presente dificultade para súa posterior reprodución litográfica.O tema referirase o Entroido, e sempre en lingua galega. Os participantes entregarán un CD onde aparecerá o cartel en formato jpg, formato A3, 300ppp (puntos por pulgada) 3508x4960 píxeles, no Rexistro de entrada do Concello.

No cartel aparecerá o seguinte texto: “ENTROIDO NO PORRIÑO Dende 22 o 26 de febreiro 2020 Concellería de Festexos- Concello do Porriño”

O xurado estará presidido por Cami Moreira, concelleira de Festexos e integrado por 3 membros relacionados co mundo das artes.O deseño gañador terá un premio en metálico de 600 euros. Haberá tamén un accésit de 500 euros.O cartel gañador quedará en propiedade do Concello do Porriño que terá todos os dereitos e explotación do mesmo.