Por primeira vez na súa andaina, a Escola Municipal de Música do Porriño celebrará tres “Masterclass” que impartirá Juan Carlos Díaz, mestre musical de gran experiencia e director de recoñecido prestixio.
O Concello e o Club de Atletismo comunican o aprazamento da carreira “Porriño 10 K” que ía ter lugar o vindeiro domingo día 15. A decisión adoptouse este serán á vista das recomendacions preventivas das autoridades sanitarias e do Consejo Superior de Deportes sobre o coronavirus.
A concelleira de Educación e Seguridade, Lourdes Moure manifestou hoxe que “é para Porriño unha satisfacción acoller o inicio e o remate do Campionato de Galicia de Karting 2020 que comezará o vindeiro domingo 8, no circuito da nosa vila”.
Sergio Casal, concelleiro de Comercio invitou á veciñanza porriñesa e doutros concellos da contorna a acudir á XXII edición da feira de oportunidades “Merca na Rúa” que se vai celebrar na vindeira fin de semana. “Haberá unos prezos tan baratos que case que habería que darlle propina aos comerciantes”, indicou o edil.
Unha decena de deportistas porriñeses foron protagonistas da Gala do Ciclismo de Galicia celebrada en Pontevedra onde resultaron premíados o que constitue un recoñecemento da Federación Galega e das autoridades da comunidade autónoma ao potencial do ciclismo porriñés.
Ao longo deste luns xa superouse a barreira dos 600 inscritos "o que supón un bo ritmo", segundo as previsións da Concellería de Deportes e do Club de Atletismo Porriño que agardan nestas dúas semanas que medre o número de participantes na segunda edición da “Porriño 10k”. Esta carreira pedestre pretende establecer un novo record de inscricións. En 2019 rexistrou 1385 participantes e a pretensión do Concello e do Club de Atletismo é acadar os 1500.
A cuarta edición da “Challenge Rías Baixas” de ciclismo que organiza o club “Máster da Louriña” co apoio da Concellería de Deportes do Concello do Porriño, presentouse este mediodía nas instalacións do CEIP “Fernández López” co alumnado como espectadores de luxo, o tempo de lecer.
A cuarta edición da “Challenge Rías Baixas” de ciclismo que organiza o club “Master da Louriña” co apoio da Concellería de Deportes do Concello do Porriño, será presentada este xoves 27, ás 11,30 horas. A diferencia de anos anteriores, o club e o concelleiro de Deportes, David Alonso decidiron sacar o acto fora da casa consistorial e elixiron o CEIP Fernández López e na hora do recreo para facer a presentación.
Co gallo do Entroido, a Concelleria de Cultura e Festexos en colaboración coa Asociación Porriño Arte, exhibe unha selección de debuxos de Máscaras do Entroido Galego. A mostra podese ver na zona peonil dende o sábado.
A Concellería de Cultura e Festexos informa que, de momento, mantense a programación prevista para hoxe, Martes de Entroido, á vista das previsións meteorolóxicas que sinalan que a partir de mediodía, deixará de chover.