O Concello do Porriño, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información á Xuventude), está a colaborar coas actividades do 17 de abril, Día Europeo da Información Xuvenil. A OMIX está a colaborar na difusión da actividade proposta pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. “Aínda que nestes momentos estamos confinados polo andazo do ‘Covid-19’ que isto non nos desanime e poidamos facer unha programación física para celebrar de xeito virtual esta data”, manifestou Cami Moreira, concelleira de Xuventude.Deste xeito a OMIX apoia a campaña “Un minuto de información xuvenil” que propón que cada mozo e moza do Porriño grave e envíe un vídeo de 60 segundos no que resuma o que significa para ti a información xuvenil e o que se está a facer nese eido durante esta situación de confinamento.Os vídeos poderanse enviar ao enderezo electrónico: información.xuventude@xunta.gal e serán colgados na conta de Instagram da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta @xuventudegalicia , a partir do venres 17.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, incorpora novas propostas á “Programación para pasar unha corentena” que puxo en marcha hai dúas semanas. Tratase dun xogo a realizar pola Internet contestando preguntas sobre o nivel de coñecemento de Porriño, e dunha mostra colaborativa de videos, a través da participación cidadá, sobre cómo están a vivir estes días, titulada “Amosa a túa corentena”.Segundo explicou a concelleira Cami Moreira, “dende o Concello do Porriño e o departamento de Cultura que dirixo, seguimos porfiando nunha programación para pasar esta corentena con propostas que resulten atraentes”. "Tanto co xogo de coñecemento sobre O Porrriño que é interactivo como coa mostra de video 'Amosa a túa corentena', mediante a que cedemos o protagonismo á cidadanía para compartir todas aquelas ideas e recursos imaxinativos que nos axuden a pasar este confinamento”, segundo valorou a concelleira Moreira Fontán. Para o xogo, a través dun enlace na web do departamento de Cultura do Concello (www.ecultura.net) accedese ao cuestionario formado por preguntas tipo test con varias opción de resposta. Versan sobre historia, edificios, tradicións e cultura do Porriño.
A Concellería de Deportes comunicou hoxe o aprazamento da proba ciclista “Xarotos Gran Fondo” que patrocina o Concello do Porriño e organiza o club local “Máster da Louriña”. A proba que ía celebrarse o vindeiro 7 de xuño pasará a celebrarse o domingo 30 de agosto, segundo decidiron Concello e club.David Alonso, concelleiro de Deportes explicou que “á vista da prolongación do estado de alarma e ante a previsión de que poderiamos reunir 500 participantes e numerosos espectadores , pensamos que no mes de xuño probablemente non teríamos ainda as condicións axeitadas de seguridade e saúde para a súa celebración, polo que procedía adiar”. A Federación Galega de Ciclismo, que inclue a “Xarotos” no calendario de eventos de gran fondo, xa recolleu o cambio de datas da proba
O Concello do Porriño comunica a cancelación definitiva de actividades educativas que estaban programadas para os meses de abril e maio nos centros educativos, a consecuencia de manterse o confinamento pola prórroga do estado de alarma a causa da pandemia do “Covid-19”.
Para axudar a levar mellor a corentena, a Biblioteca Municipal do Porriño non pecha en internet e traballa ofrecendo unha selección de contidos, lecturas e recursos "online "que de seguro farán máis levadeiro este necesario confinamento.Deixamos o enlace coa web do departamento de Cutura e coa propia Biblioteca Municipal para que poidan consultar as diferentes propostas e suxerencias.
A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño anunciou hoxe que se suma ao “Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19", promovido pola Xunta de Galicia.
O Concello do Porriño ven de lanzar a convocatoria do concurso “Batalla de Debuxantes: ImprovisDado”, dirixida a debuxantes con idades comprendidas entre os 12 e os 45 anos, de nacionalidade española ou extranxeira. Terán que desenvolver de xeito profesional ou aficionado algunha das seguintes disciplinas artísitas vencelladas coa pintura: ilustración, graffiti, tatuaxe, banda deseñada ou outras técnicas de debuxo de man alzada.
O Concello do Porriño, a través do departamento de Cultura, ven de promover unha programación especial titulada “Para pasar unha corentena” ideado para o seu seguimento “on line” a consecuencia das restriccións que impon a prórroga do estado de alarma pola pandemia do “Covid-19”.
A aplicación das medidas para evitar a propagación da pandemia do coronavirus “Covid-19” motiva unha vaga de suspensións e cancelacións de actos públicos, feiras e festas no Porriño.
O Concello do Porriño comunica que a partir do venres 13 pecharánse as instalacións deportivas e culturais de titularidade municipal dacordo coas recomendacións das administracions autonómica e central para previr a expansión do coronavirus.
A Concellería de Cultura e Igualdade informa da suspensión de duas previsións para venres e sábado, tamén como consecuencia das medidas preventivas ante o coronavirus.
A Concellería de Cultura informa da cancelación da charla do ciclo "Bibliosaúde" prevista para mañá xoves día 12, na Biblioteca Municipal do Porriño, por decisión do conferenciante.