A Concellería de Cultura e Normalizaci´pon Lingüística do Concello do Porriño ven de anunciar un xogo de nivel de coñecemento sobre Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano coa ocasión do Día das Letras Galegas que se celebrará o vindeiro domingo 17 de maio.Trátase de que demostres os teus coñecementos, de achegar información sobre esta figura das letras galegas e que poidas comentalo coa túa familia e amigos.A Concellería advirte que este xogo está optimizado para a súa execución en computadores ou tablets,En teléfonos móbiles ou smartphone poden aparecer algúns erros de visualización debido ao pequeno formato destes dispositivos.Deixamos o enlace para que vois animedes a xogar.
A Biblioteca Municipal do Porriño aínda non abre a pesar de que hoxe xa podería en aplicación da fase 1 do Plan de Desescalada. "Desde a Concellería de Cultura informase que estamos acondicionando as instalacións segundo o publicado no BOE Núm.130 do sábado 9 de maio do 2020, polo que non se realizará a re-apertura da biblioteca, ata que sexa un espazo seguro de contaxio de Covid-19", segundo explicou Cami Moreira, concelleira de Cultura.
A Concellería de Cultura ofrécelles a actuación "on line" do Coro de Nenos da Escola Municipal de Música do Porriño, dirixidos polo seu profesor, Jacobo García.
A Biblioteca Municipal do Porriño aproveita a celebración do Día das Letras Galegas 2020 para dar a coñecer a figura do autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Para iso, ao longo dunha semana, irá publicando en internet 7 posts diarios de luns a domingo (17 de maio, Día das Letras Galegas), onde destacará os 7 aspectos máis salientables deste personaxe sobranceiro da cultura galega. Os posts publicaranse nas redes sociais da Biblioteca Municipal do Porriño.No ano 2020 decidiuse adicar o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago, 1990), coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento. Está considerado unha das figuras senlleiras da nosa cultura, un intelectual polifacético que destacou como escritor, crítico, profesor e lingüista, pero sobre todo como a persoa que logrou a canonización da historia da literatura galega.
O Concello de Porriño comezou as obras de lixado para o arranxo da pista 1 do Polideportivo Municipal. Os traballos iniciáronse aproveitando o cambio de fase no Plan de Desescalada e a suspensión das competicións deportivas do “Balonmán Porriño” e todos os demais clubs que empregan esta cancha para adestramentos e partidos.
Décima e derradeira quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa. O encargado de pechar este ciclo é Dani Mouriño, coordinador do Club Atletismo Porriño. Amósanos unha rutina de exercicios para a mobilidade articular. Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes desarrollou dende o 17 de abril, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa inestimable participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, ofrecéronse diversas táboas e rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades. Todos eles pódense consultar nas redes sociais do Concello.Nas nove entregas anteriores foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño , Xoel Souto, da U.D. Atios, Mary Artós e Ana Cristina Oya, do Club Patín, Pablo Alonso, colaborador do Porriño Baloncesto Base, Pablo Sanromán e Adrián Sanmarcial, do Porriño Industrial e, finalmente, Iker Besada, do Porriño Baloncesto Base, os encargados de darnos diferentes pautas de mantemento físico.
A Concellería de Deportes anunciou hoxe que a sétima edición do Triatlón Concello do Porriño queda cancelada. Esta proba que ten un especial recoñecemento entre os triatletas de Galicia e Portugal reunindo a máis de 200 participantes como acontecera en 2019, ía celebrarse o sábado 20 de xuño.
A Concellería de Deportes anuncia que ven de solicitar á Policía Local do Porriño que faga rondas de vixilancia nos circuítos habilitados no paseo do Río Louro para correr e camiñar ante as denuncias de certos comportamentos que infrinxen as normas establecidas e poñen en perigo aos restantes usuarios.
Novena quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa na que hoxe Iker Besada, adestrador físico do club “Porriño Baloncesto Base”, ofrece no seu vídeo unha pauta de exercicios para fornecer a zoa abdominal, costas e coxas.
Coa ocasión do Día das Letras Galegas, o Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, quere animar a todas as nenas e nenos á participar no concurso “DEBUXA CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS”.
Nesta octava quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa, hoxe ofrecemos o vídeo realizado por Adrián Sanmarcial, coordinador físico dos equipos da base do Porriño Industrial, que nos propón coidados para o tren inferior do corpo mediante dez exercicios.
"Moi satisfactoria" considerou David Alonso, concelleiro de Deportes, a resposta acadada entre a veciñanza cos circuítos habilitados no paseo do río Louro para persoas que saíron a correr ou ben a camiñar. Decenas de veciños e veciñas acudiron dende as 6 ata as 10 da maña nesta primeira quenda, para facer deporte. "A experiencia deste primeiro dia de poder sair a facer deporte despois de cincoenta días de confinamento, resultou moi positiva polo que observei entre os que acudiron a facer uso dos sendeiros sinalizados", indicou o concelleiro. "Observamos que o comportamento que tiveron os usuarios foi moi responsable, con criterio e respeto, empregando a marxe dereita para circular e gardando as distancias de seguridade" rematou David Alonso. Nos días previos, o Concello mediante o traballo conxunto das concellerías de Medio Ambiente e Deportes, desbrozaron, limparon, sinalizaron e difundiron os diferentes circuítos cara á desescalada que hoxe comezou.