A Concellería de Cultura e Festas anuncia o cuarto e último evento da programación "A praza non se apraza, fin do confinamento" que terá lugar este domingo día 5, ás 22,30 horas da noite.
Lembramos que pódese acadar por teléfono, chamando ao número 986 335 000 e solicitando cita.Ou a través desta páxina web, na pestana "sede electrónica" (non é necesario ter certificado dixital, só un correo electrónico), e seguir estas instrucións do proceso:Acceda á páxina web do concello (www.oporrino.org)Seleccione “SEDE ELECTRÓNICA”Seleccione “CITA PREVIA”Seleccione “Rexistro”Seleccione a axenda “Rexistro 1”Seleccione a data dispoñible que desexeSeleccione o horario dispoñible que desexeSeleccione “CONTINUAR”Adxunta-mos un gráfico para visibilizar as instrucións.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura informa que a partires de mañá mércores 1 e ata o 20 de xullo pódense solicitar prazas na Escola Municipal de Música do Porriño. Segundo informa o departamento que dirixe Cami Moreira, “este ano como novidade a folla de solicitude de praza pode descargarse na páxina web do Concello (está ao pé desta nova).
Unha semana máis o Servizo de Deportes do Concello do Porriño lembranos as normas e protocolo para o uso das pistas de tenis e pádel. Limítase a 1 hora como máximo a reserva de cada pista . Para evitar aglomeracións o deportista deberá chegar 5 minutos antes da súa hora de entrada. O tempo máximo de reserva é de 1 hora por parellas, nonpor cada un dos xogadores. A reserva e abono do aluguer das pistas será de forma telemática, a través de enlace creado polo SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES, aplicándose as taxas expostas na Ordenanza Municipal de Prezos no caso das pistas de padel. Respecta en todo momento os horarios e pista asignada. Recolle a chave de acceso no polideportivo municipal. Os vestiarios e as duchas permanecerán pechadas. Tan só permanecerá aberto un aseo (WC) por sexo no polideportivo municipal, no mesmo só estará permitido o acceso a unha soa persoa á vez. Recoméndase o uso de bólas novas e palas propias. Aconséllase utilizar o menor número de pelotasposibles. Non está permitido cambiar de lado nos xogos impares.Reserva de pistas.Cada pista terá unha horaria/quenda de reserva, os cales poderanse visualizar através do seguinte enlace do SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES.Teléfonos de confirmación:661 53 61 59 / 670 66 52 29 / 638 07 13 18.Faga as súas consultas preferentemente porWhatsApp.Cando faga a solicitude CONFIRME TELEFONICAMENTE OU POR WHATSAPPENLACES PARA RESERVAS
A alcaldesa Eva García presidiu a recepción ofrecida polo Concello do Porriño á Unión Deportiva Atios polo seu histórico ascenso a Terceira División, na que militará na vindeira tempada.
A Concellería de Cultura e Festas anuncia o terceiro concerto musical, sen público na rúa, do ciclo "A praza non se apraza". Será este sábado 27, ás 22 horas e, de novo, a cargo do grupo "KAF".
A alcaldesa, Eva Garcia e o concelleiro de Deportes, David Alonso xunto con outros membros da corporación, ofrecerán mañá sábado, ás 20 horas, no consistorio, unha recepción en homenaxe á Unión Deportiva Atios polo seu histórico ascenso á Terceira División de fútbol.
Por terceira semana consecutiva lembramos que hai respectar as normas e protocolo para o uso das pistas de tenis e pádel. Limítase a 1 hora como máximo a reserva de cada pista . Para evitar aglomeracións o deportista deberá chegar 5 minutos antes da súa hora de entrada. O tempo máximo de reserva é de 1 hora por parellas, nonpor cada un dos xogadores. A reserva e abono do aluguer das pistas será de forma telemática, a través de enlace creado polo SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES, aplicándose as taxas expostas na Ordenanza Municipal de Prezos no caso das pistas de padel. Respecta en todo momento os horarios e pista asignada. Recolle a chave de acceso no polideportivo municipal. Os vestiarios e as duchas permanecerán pechadas. Tan só permanecerá aberto un aseo (WC) por sexo no polideportivo municipal, no mesmo só estará permitido o acceso a unha soa persoa á vez. Recoméndase o uso de bólas novas e palas propias. Aconséllase utilizar o menor número de pelotasposibles. Non está permitido cambiar de lado nos xogos impares.Reserva de pistas.Cada pista terá unha horaria/quenda de reserva, os cales poderanse visualizar através do seguinte enlace do SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES.Teléfonos de confirmación:661 53 61 59 / 670 66 52 29 / 638 07 13 18.Faga as súas consultas preferentemente porWhatsApp.Cando faga a solicitude CONFIRME TELEFONICAMENTE OU POR WHATSAPPENLACES PARA RESERVAS
O Polideportivo Municipal acollerá as probas da Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU) de alumnos de cinco centros de Porriño e Mos que se realizarán os días 7, 8 e 9 de xullo, en aplicación dos protocolos de seguridade e prevención do Covid-19..
Por segunda semana consecutiva publicamos o protocolo de normas para uso das pistas de pádel e tenis municipais así como os enlaces que haberá que empregar para realizar as reservas.
Este sábado, ás 21 horas, haberá un concerto musical a cargo do grupo KAF. Un evento convocado baixo o lema "A praza non se apraza". Que terá lugar sen público na rúa, segundo precisa a Concellería de Cultura e Festas, polas restricións que aínda están vixentes nesta fase do Plan de Desescalada.A concelleira Cami Moreira explicou que "trátase de amosar o agradecemento do Concello á veciñanza que fixo máis levadío este tempo de confinamento".
Esta mañá tivo lugar a estrea da primeira Sala de Estudo Municipal, creada polo Concello do Porriño, nas instalacións do Centro Cívico, na rúa Domingo Bueno,. nº 13. A sala de estudo funciona inicialmente cun horario de 8,30 a 14,30 horas, de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria polo COVID-19.A súa creación é unha iniciativa da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira. Ca súa ubicación no Centro Cívico, baleirouse á Biblioteca Municipal, separando o estudo da lectura, o que permitirá gañar espazo na Biblioteca para implementar novos servizos. Segundo explicou a concelleira, “este novo espazo vén complementar á Biblioteca Municipal, coñecida polo seu labor e sentido de pertenza tanto de porriñesas e porriñeses, como da contorna”. “Ao mesmo tempo esta separación de espazos con funcións diferenciadas, dará solucións, tanto ás persoas que buscan un lugar para estudar comodamente e en silencio, coma que a Biblioteca Municipal recupera o seu espazo para implementar os servizos bibliotecarios a todas as persoas que queiran gozar do fondo bibliográfico”, engadiu Cami Moreira.