Os Xogadores da Ola foron os encargados de dar a benvida ó Entroido do Porriño como pregoeiros. Un recoñecemento a súa contribución á animación das rúas nestas datas.
Este venres 21 e o sábado 22 terá lugar a segunda quenda das Xornadas Gastronómicas do Entroido nas que participan vinte establecementos de hostalaría da vila.
A Concellería de Deportes celebrará mañá martes 18, en horario de tarde, unha Xornada para a Educación e Formación no Futbol Base en colaboración co club local “Porriño Industrial”. Contará con tres relatores con amplos coñecementos. Son Carlos Lago, Pep Marí e Elena Casal.
Representantes dos centros educativos do Porriño reuníronse coas concelleiras do goberno municipal, Lourdes Moure e Cami Moreira e persoal da OMIX para establecer a folla de ruta das actividades para o alumnado, a realizar ó longo deste ano. Programaronse ata catorce actividades diferentes que abranguen tecnoloxías, información sobre saídas profesionais, emprendemento, mellora no uso de idiomas ata outras vencelladas con mocidade, igualdade, cultura e festas.
O Concello do Porriño ven de difundir o cartel anunciador do Entroido 2020 que é un deseño de Dulce María López Fernández. Simboliza unha sardiña ataviada cun sombreiro carnavalesco.
O Concello do Porriño foi o anfitrión da Gala Anual da Federación Galega de Automobilismo que otorgou os seus galardons a pilotos, escuderías, patrocinadores e institucións colaboradoras. O evento tivo lugar no Polideportivo Municipal.