Douscentos corredores procedentes de distintos lugares de toda España, de Portugal e, por suposto, de Galicia, tomarán a saída o vindeiro sábado, día 21, na II Challenge As Rías Baixas de ciclismo, para máster e júnior, que cubrirá algo máis de 160 quilómetros pasando polos concellos de Mos, Ponteareas e O Porriño.
O Festival de Cans continúa nesta edición a súa aposta polas novas xeracións de cineastas do país e acollerá a proxección de tres filmes realizados por novos profesionais da creación que veñen do ámbito da curtametraxe.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, manterá este venres, día 20, ás 12 e media, na delegación da Xunta en Vigo, unha xuntanza con técnicos e representantes políticos do Goberno de Galicia para tratar sobre as actuacións que se puxeron en marcha dende que se detectara a presenza de lindano no barrio do Contrasto, na parroquia de Torneiros.
O 56% das persoas en situación de desemprego que participaron o ano pasado no programa ‘Porriño Accede’, impulsado polo Goberno local a traveso da Concellería de Emprego, están traballando, unha porcentaxe que no caso daquelas que recibiron formación específica para desempeñarse no sector da automoción achégase ao 74%.
"Nin proxecto nin borrador , nin estudo, nin proposta algunha”. Este o resumo que fai a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, da xuntanza mantida este luns con representantes de ADIF.
A vindeira semana empezan na parroquia de Budiño un dos traballos máis importantes do mandato do actual Goberno local do Porriño que permitirán a conexión á Rede Municipal de Saneamento de máis de 200 casas.
O Concello do Porriño felicitou oficialmente a Ricardo Baz Pereira, recente subcampión de Europa de Jiu Jitsu, na especialidade NO-GI (sen kimono). O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, recibiu este mércores a Ricardo e transmitiulle “o recoñecemento e admiración de todas as porriñesas e porriñeses por este importantísimo logro”.
A XVIII edición de Merca na Rúa vén de quedar suspendida. A Concellería de Comercio, dirixida por Marcelino Coto, e a dirección da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), presidida por Juana Pérez, agardaron ata o último minuto para ver se as previsións do tempo melloraban...pero non foi así: esta fin de semana choverá con intensidade o que fará imposible a celebración desta feira do stock na que estaba confirmada a asistencia de 21 comerciantes.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, acompañada polos voceiros dos grupos municipais recibirá o vindeiro xoves, día 12, ao xefe de Área de Pasos a Nivel do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) para tratar do proxecto para a supresión do paso a nivel polo centro da vila.
Esta fin de semana celebrase, por fin e se o tempo o permite, a XVIII edición de Merca na Rúa. A Concellería de Comercio, dirixida por Marcelino Coto, e a dirección da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), presidida por Juana Pérez, decidiron suspender a cita prevista, en principio, para os días 10 e 11 de marzo, logo da cadea de borrascas que vén de pasar sobre Galicia.
No Concello do Porriño apostamos pola defensa dos dereitos humanos e especialmente pola defensa dos dereitos da infancia, e para reforzar esta aposta, decidimos presentarnos ao recoñecemento de “Cidade Amiga da Infancia”, que promove UNICEF en colaboración coa FEMP, e que pretende mellorar o benestar da infancia impulsando políticas municipais que garantan o desenvolvemento integral de nenos, nenas e adolescentes, cun enfoque de dereitos.