A Concellería de Comercio, dirixida por Marcelino Coto, e a dirección da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), presidida por Juana Pérez, veñen de anunciar que a XVIII edición de ‘Merca na rúa’, finalmente, se celebrará o sábado 7 e domingo 8 de abril.
Organizadas pola asociación Levada Libre, coa colaboración do Concello do Porriño, este xoves, día 15 de marzo, ás 8 da tarde no Centro Cultural Municipal, rematan as xornadas da “Semana da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña”.
Ata este xoves, día 15, ás 12:00 h., as veciñas e veciñas que quieran desprazarse a Vigo para asistir á manifestación convocada o sábado dia 17, ao mediodía, en Defensa das Pensións Públicas, poden reservar praza de autobús.
O Festival de Cans- que este ano terá a meirande achea municipal da súa historia- bate un ano máis a súa marca de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 252 producións galegas, o que supón máis dun 7% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 235 traballos.
Tal e coma se comprometera logo de coñecer a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 do Porriño, en relación coa titularidade das canteiras de Atios, a alcaldesa, Eva García de la Torre, manterá unha xuntanza con representantes da Comunidade de Montes desta parroquia este mércores, día 14, ás 10 e media da mañá.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, xunto con Fredy Velasco, Luis Martínez e David Ferreira, membros da organización da proba, presentan este mércores, día 14 de marzo, ás 13:30 h. no Salón de Plenos do Concello do Porriño, a 12ª edición da Interrunning, que este ano xuntará a 3.000 participantes.
O Concello informa de que falicitará autobuses a aquelas veciñas e veciños do Porriño que queiran asistir á manifestción convocada o vindeiro sábado, día 17 de marzo en Vigo, en Defensa das Pensións Públicas, convocada pola Coordinadora pola Defensa do Sistema Público de Pensións.
Benestar social, fomento do emprego, actuacións nas parroquias e humanizacións, son os eixes fundamentais do novo orzamento do Concello do Porriño, aprobado polo Pleno da Corporación logo de seis anos-dende 2012- nos que as contas municipais tiveron que ser prorrogadas, mesmo durante o mandato dun Goberno local que contaba con maioría absoluta.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Porriño vén de informar que a Deputación de Pontevedra aprobou as bases reguladoras de "Depo Aventura A Lanzada" 2018, o programa de campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada.
Centos de persoas saíron á rúa no Porriño para dar o seu apoio á folga total e aos paros parciais convocados este xoves, día 8 de marzo, coincidindo co ‘Día Internacional da Muller’ e que levaron a manifestarse en toda Galicia a ducias de milleiros de cidadáns.
A Concellería de Comercio, dirixida por Marcelino Coto, e a dirección da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), presidida por Juana Pérez, veñen de acordar a suspensión da XVIII edición de ‘Merca na rúa’, que tiña prevista a súa celebración o vindeiro sábado e domingo, días 10 e 11 de marzo.