A Concellería de Vías e Obras vén de rematar no lugar da Lomba, no barrio de Vitureira, na parroquia de Budiño, a reforma integral da estrada que pasa por esta zona, “cumprindo cunha vella demanda dos residentes nesta parte do Porriño”.
Dende este xoves, día 10 de maio, está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán do Concello do Porriño, que baixo o nome de ‘Leo e as viaxes polo tempo’, ten coma obxectivo, tal e como sinala a concelleira de Benestar e Igualdade, Soledad Girón, “ofrecer unha alternativa de lecer e tempo libre ás nenas e nenos do Porriño durante o verán e, ao mesmo tempo, facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ás porriñesas e porriñeses”.
O Porriño celebra este domingo, día 13 de maio, a tradicional ‘Festa dos Cachos’ na que se agarda que centos de persoas dean conta de centos de pratos deste crustáceo, “digno de reis”, como sinalou a alcaldesa, Eva García de la Torre, durante a presentación.
A Casa do Cid, espazo emblemático do Festival de Cans, acolleu hoxe, coa presenza da alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, en representación do Concello, a administración pública que máis inviste no festival- 20.000€, ademáis da contribución á seguridade e ordenación do tráfico da Policía Local e a limpeza- a presentación da 15ª edición do certame organizado grazas ás veciñas e veciños da parroquia de Cans.
Nunha xuntanza convocada este mércores a última hora da tarde, a instancia de todos os membros da Corporación do Porriño, integrantes de todos os grupos políticos da mesma, con entidades veciñais, sociais e culturais, comunidades de montes, representantes de sindicatos, de colectivos económicos e empresariais, de clubes deportivos, asociacións de comerciantes, de hostaleiros ou gremios de toda a vila, decidiuse iniciar mobilizacións para esixir ao Goberno de España que tome en serio a demanda, que cumpre xa 70 anos, de eliminar o paso a nivel do Porriño.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, denuncia que o Partido Popular emprega de xeito desprezábel un dato referido a un equipo deportivo da nosa vila integrado por persoas con diversidade funcional, o Bacaropo, para os seus fins partidistas e electoralistas.
A Feira do Libro do Porriño, na que participan as librarías Copi-Rey, Recondo, Pedreira, Paz e Lafer, abre as súas portas no centro o vindeiro xoves, día 10, ás 7 e media da tarde, coa lectura do ‘pregón’ deste ano a cargo do profesor, escritor e dramaturgo lucense Lois Pérez, ás 7 e media da tarde quen, de seguido, ofrecerá un recital presentando o seu último traballo, ‘Long Play’. e a presentación do Día 10. Antes, ás 7 e 10, actuará o Grupo Tradicional da Escola Municipal de Música.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega ao Concello do Porriño, neste caso no marco da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos, por un importe de 248.115,20€ para que poida contratar a 27 persoas a fin de “garantir servizos básicos municipais”.
O Festival de Cans fará na súa 15ª edición unha gran aposta polos coloquios e encontros co público, que terán lugar no histórico ‘Baixo do Moncho’ nas mañás que van do mércores 23 ao venres, 26 de maio, sempre ás 11 e media, con entrada libre ata completar un aforo máximo de 100 persoas.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, recibiu no Concello a Noemí Fernández, a concursante de 15 anos de ‘La Voz Kids’, o programa de Telecinco, que este vindeiro luns disputa a semifinal do concurso.
O Porriño liderou o mes pasado, xunto con Vigo, a creación de emprego na Área Metropolitana de Vigo. A finais do mes pasado había na vila 1.600 persoas sen traballo, 68 menos que a finais de marzo.