A alcaldesa, asiste en representación do Concello do Porriño, a administración que máis inviste este ano no @festivaldecans, máis de 20.000€, a súa presentación

A Casa do Cid, espazo emblemático do Festival de Cans, acolleu hoxe, coa presenza da alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, en representación do Concello, a administración pública que máis inviste no festival- 20.000€, ademáis da contribución á seguridade e ordenación do tráfico da Policía Local e a limpeza- a  presentación da 15ª edición do certame organizado grazas ás veciñas e veciños da parroquia de Cans.

No acto desvelouse o programa ao completo, que este ano contará con cineastas Fernando Trueba e Gracia Querejeta, que participarán dos Coloquios na ‘Leira de Alicia’, e de ‘Triángulo de Amor Bizarro’ na parte musical, entre moitos outros nomes e actividades que se suman ás xa anunciadas para esta edición na que o Festival cumpre 15 primaveras.

O éxito dos encontros con directores en edicións anteriores motivou que este ano se conte por primeira vez con dous coloquios en lugar de un e que estean protagonizados por dúas persoas da talla de Trueba e Querejeta, historia viva do cinema español. Pola súa banda, Triángulo de Amor Bizarro únense ao completo e variado cartel musical de Cans coa súa actuación no Torreiro, na que presentarán o seu recén editado EP El Gatopardo.

Entre as novidades do programa deste ano, cabe salientar as das seccións ‘A que andas?’, na que se descubrirán os guións en proceso de Borja Cobeaga, Ángeles Huerta ou Ignacio Vilar entre outros e outras cineastas, e o habitual seguimento dos Fillos e fillas de Cans, nos que o público do festival poderá ver imaxes inéditas de filmes tan esperados como ‘La sombra de la ley’, de Dani de la Torre; ‘Arima’, de Jaione Camborda, ou ‘Nación de muchachos’, de Javi Camino.

Tamén haberá unha atención especial ás conexións literarias do cinema, coa primeira proxección nun festival galego de Versogramas, documental de Belén Montero e Juan Lesta sobre o fenómeno das videopoesías; e o concurso de booktrailers 'Ollo de vidro'.

Na presentación tamen estivo presente na presentación a actriz Isabel Naveira, "moi ilusionada" por recibir a chamada do Festival para formar parte do Xurado de Ficción e Animación, que compartirá con Anxos Fazáns, Felipe Lage, Nieve de Medina e Borja Cobeaga. O Xurado de Non ficción estará integrado por Ángeles Huerta, Luis Avilés e Isabelle Le Gonidec, e Paloma Zapata, Fernando F. Rego e Eduardo Herrero comporán o de Videoclips. Haberá tamén, como é tradición, un Xurado dos Veciños e Veciñas no formado por cinco habitantes de Cans.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos