A Biblioteca Municipal do Porriño, que depende directamente da Alcaldía, é segundo os datos proporcionados pola Xunta, unha das 4 mellores bibliotecas públicas de Galicia.
O Festival de Cans inaugura este ano o ‘Invernadoiro’, un novo espazo para o audiovisual e a música, e faino coa visita de Kevin Weatherill, un artista de relevancia internacional no pop das últimas décadas.
16 persoas en situación de desemprego veñen de rematar a primeira parte da formación do Curso de Soldadura, organizado pola Concellería de Emprego e Igualdade, que dirixe Soledad Girón, e que tivo unha duración de 40 horas.
O Goberno local do Porriño acometerá a reforma e humanización integral da Avenida de Galicia, un proxecto que disporá dun orzamento total de 600.000€ e que estará financiado con cargo ao ‘Plan Concellos 2018’ da Deputación de Pontevedra.
Por primeira vez na súa historia, o Festival de Cans incorpora na súa Sección Oficial unha competición de curtametraxes de non ficción, que leva o nome de ‘FuraCans’.
Este mesmo xoves rematou o asfaltado no barrio do Contrasto, en Torneiros, para tapar o pavimento nas zonas da catas realizadas polos técnicos da Xunta de Galicia que tomaron mostras para a realización dun ‘mapa’ sobre a presencia de lindano.
O mesmo espírito ecléctico que traslada a selección audiovisual do Festival de Cans está nas bandas e artistas que estarán nesta 15ª edición do certame. Dende nomes consagrados como os Burning ou Magín Blanco a grupos novos e cada vez máis populares como Esteban & Manuel, a proposta busca atender a todos os públicos, buscando a variedade de estilos coa calidade como denominador común.
Esa é a cantidade que deixará de pagar o Concello do Porriño e a de CO2 que deixarán de respirar as veciñas e veciños logo das iniciativas postas en marcha pola Concellería de Vías e Obras, que abranguen dende a renovación das instalacións do alumeado público, a substitución de 1.200 novas luminarias led, o cambio de caldeiras por outras tipo de ‘pallets’ ou a eliminación de parte dos coñecidos como ‘puntos de tantos alzados’ por modernos contadores que permiten a facturación real e que se pague pola enerxía consumida en realidade.
Ata o vindeiro luns, día 30 de abril, está aberta na OMIX do Concello- na planta baixa do Centro Cultural Municipal- a exposición de fotografía “Viaxando” que amosa os traballos presentados ao Certame de fotografía do mesmo nome.
O punto SmartPeme do Porriño impartirá distintos talleres a semana que ven, na súa sede no Multicentro de Torneiros, aos que as persoas que queiran poden anotarse chamando ao teléfono 886 20 20 20 ou entrando no portal web SmartPeme - www.smartpeme.depo.es
Dentro do programa de actividades da Biblioteca Municipal do Concello do Porriño, o 23 de abril, co gallo da celebración do ‘Día do Libro’ terá lugar a actividade: ‘O Noso Patrimonio’, un paseo polos barrios de San Benito e San Sebastián.
Nenos e nenas do Porriño, integrantes do Consello Municipal de Infancia, participaron nun novo Pleno Infantil que tivo lugar esta mesma semana no Concello.