@festivaldecans ten este ano a Burning coma prato forte da súa oferta musical

O mesmo espírito ecléctico que traslada a selección audiovisual do Festival de Cans está nas bandas e artistas que estarán nesta 15ª edición do certame.  Dende nomes consagrados como os Burning ou Magín Blanco a grupos novos e cada vez máis populares como Esteban & Manuel, a proposta busca atender a todos os públicos, buscando a variedade de estilos coa calidade como denominador común.

O sábado, día 26 de maio, centrará un número importante de actuacións, entre elas a da que é probablemente a banda en activo máis mítica de España: Burning. Aínda fieis ao estilo que os fixo populares, a súa actitude rock é capaz de trasladar ao público a un universo plasmado en clásicos como "¿Qué hace una chica como tú en un sitio como este?", "Jim Dinamita" ou "Mueve tus caderas". Burning, que se converteu na banda sonora de máis dunha xeración, logrou sobrevivir co seu rock and roll ao paso dos anos ata chegar á súa formación actual encabezada polo emblemático Johnny Cifuentes. O concerto terá lugar ás 00h00 no Torreiro, onde haberá dobre sesión de rock and roll xa que á tarde pasarán polo mesmo escenario Familia Caamagno co seu vibrante garaxe sesenteiro.

https://www.youtube.com/watch?v=veSPlR972Rk

Xa se poden mercar as entradas da Sección Oficial

Dende este martes 24 de abril, xa están dispoñibles na tenda virtual do festival os primeiros 500 packs de entradas para a Sección Oficial a concurso e camiseta, que inclúen tamén unha chapa exclusiva como agasallo. Estes packs, que poderán recollerse nas tendas de Nikis Galicia e na tenda Tía Tata do Porriño, estarán á venda dende o martes 24 de abril ata o venres 4 de maio, e terán un prezo de 21,5 euros, que sen acollerse a esta oferta sería de 28,5 euros (entrada 12 euros, camiseta 12 euros, chapa 1 euro, catálogo do Festival 2 euros e 1,5 euros correspondentes aos gastos de xestión).

As entradas para FuraCans, pola súa parte, costarán 5 euros, estarán dispoñibles a partir do xoves 26 de abril en tenda.festivaldecans.com e poderán retirarse no posto de merchandising do festival durante os días de celebración do certame.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria