Candidatura de Porriño a CIDADE AMIGA DA INFANCIA

No Concello do Porriño apostamos pola defensa dos dereitos humanos e especialmente pola defensa dos dereitos da infancia, e para reforzar esta aposta, decidimos presentarnos ao recoñecemento de “Cidade Amiga da Infancia”, que promove UNICEF en colaboración coa FEMP, e que pretende mellorar o benestar da infancia impulsando políticas municipais que garantan o desenvolvemento integral de nenos, nenas e adolescentes, cun enfoque de dereitos.

Este programa de Cidades Amigas da infancia aséntase no deseño de políticas públicas eficaces baseadas na Convención sobre os dereitos da infancia, a promoción da participación infantil e adolescente, e o impulso de alianzas entre todos os actores relacionados coa infancia a nivel municipal para iniciar un camiño de mellora continua cara ao pleno cumprimento dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes no ámbito local.

Esta iniciativa posta en marcha dende a Oficina de Información Xuvenil, implica a coordinación interna do Goberno local, e a coordinación con outros actores locais como son os centros de ensino, as asociacións, etc.... para xerar mecanismos reais de participación infantil, co obxectivo de incorporar o parecer de nenos, nenas e adolescentes nas decisións políticas que lles afecten.

Polo tanto, xa o pasado ano puxemos en marcha un proceso de participación infantil, no que nenos, nenas e adolescentes de tódolos centros de ensino do concello, teñen a oportunidade de expresar a súa opinión sobre aqueles aspectos que lle preocupan, así como tamén achegar as propostas de solución que consideren aos plenos infantiles, como camiño cara un órgano estable de participación infantil denominado Consello municipal de Infancia e Adolescencia, de carácter consultivo, informativo, e de representación do conxunto da infancia e adolescencia dentro do municipio.

O proxecto continua coa realización dun diagnóstico da realidade dos nenos e nenas e da localidade, realizado de forma participativa, coa colaboración dos propios nenos, nenas e adolescentes, da comunidade educativa, e de persoal técnico, como paso previo para a elaboración dun Plan local de Infancia e Adolescencia que desenvolverá as medidas e actuacións que o goberno local porá en marcha a fin de garantir a promoción, provisión e protección dos dereitos da infancia.

PARTICIPA!

ENVÍA A TÚA SUXERENCIA

ENQUISA INFANCIA E ADOLESCENCIA

VER CIDADES AMIGAS DA INFANCIA

PROGRAMA “CIDADES AMIGAS DA INFANCIA”  web internacional

DOCUMENTACIÓN...

 

VÍDEO DO PLENO INFANTIL DO 28 DE NOVEMBRO (requiere ADOBE FLASH)

VÍDEO DO PLENO INFANTIL DO 18 DE ABRIL

Momento da votación do PINCHORRIÑO INFANTIL no pleno infantil

Propostas do pleno do 28 de Novembro do CEIP de Ribeira

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria