230 alumnos de cinco centros educativos do Porriño e Mos comezaron hoxe a realizar as probas da ABAU repartidos entre os dous pavillóns do Polideportivo Municipal.
A empresa “Urbaser” comezou hoxe, dende as sete da mañá, a prestar o servizo de limpeza viaria no concello do Porriño. A nova concesionaria subrogouse o persoal da anterior, comprometeuse a aumentar maquinaria e tamén as frecuencias de de limpeza, en especial en Torneiros, segundo precisou Sergio Casal, concelleiro responsable.O cambio fora acordado pola corporación municipal nun pleno extraordinario celebrado na primeira semana de marzo (antes da declaración do estado de alarma). Aprobouse cos votos favorables de PSOE, PP, EU SON e UDDL e coa abstención dos dous concelleiros do BNG.A re-adxudicación deste contrato baseouse nunha resolución da Mesa de Contratación do Concello, a raíz dunha sentencia do Tribunal de Contratación Administrativa de Galicia.
A Concellería de Cultura e Festas ven de anunciar o programa das Festas de San Bieito que este ano terán un formato máis reducido e axeitado aos protocolos sanitarios obrigados polo "Covid-19", no que atinxe ao tipo de espectáculos que se poden ofrecer e ao aforo restrinxido. O programa festivo recolle sete eventos. Comezará o sábado 11 coa actuación da arpista Marta Quintana, prevista ás 21 horas na praza de San Bieito. Ese mesmo día, de noite, haberá sesión de cinema na rúa, coa proxección da película galega "O que arde", dirixida por Óliver Laxe e que valeulle a unha das protagonistas, Benedicta Sánchez, para gañar o premio "Goya" á mellor actriz revelación. O pase da película realizarase o sábado 11 na praza de San Sebastián, a partir das 23 horas.O domingo 12 está programada a actuación do grupo vigués "Xardín desordeado" que musicaliza poesía en galego con diferentes ritmos, dende o bolero, pasando polo "swing" e ata o "blues". Terá lugar ás 21 horas na praza de San Bieito.A concelleira responsable da organización, Cami Moreira subliña que a maior novidade que se contempla no programa deste ano é a visita guiada ao cultivo de vimbieiras de Julia De La Cal que terá lugar o luns 13, festivo local no Porriño. A comitiva sairá dende a praza de San Bieito, a partir das seis da tarde.Julia e Marcelo de Faia Educación Ambiental serán os encargados de realizar esta visita coas explicacións pertinentes respecto desta materia. Require de inscrición previa a través do correo electrónico cultura@oporrino.org (hai que descargar o documento de inscrición ).
A Concellería de Cultura e Festas anuncia o cuarto e último evento da programación "A praza non se apraza, fin do confinamento" que terá lugar este domingo día 5, ás 22,30 horas da noite.
Hoxe están a realizarse os preparativos para que as pistas dos dous pavillóns do Polideportivo Municipal acollan as probas da Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU) de alumnos de cinco centros de Porriño e Mos. Os exames comezarán o vindeiro martes 7 de xullo, a partir das 8,30 horas da mañá e continuarán o mércores e o xoves. “Debido a que o número de alumnos de Bacharelato inscritos supera os douscentos, a Universidade de Vigo solicitounos ao Concello utilizar os dous pavillóns para garantir o cumprimento dos protocolos de seguridade e prevención do Covid-19”, explicou Lourdes Moure, concelleira de Educación e Seguridade que levou as conversas coa UVI.De tal xeito que no Pavillón nº 1 realizarán as probas da ABAU os alumnos dos Institutos de Ensino Secundario de Porriño, “Ribeira do Louro” e “Pino Manso”. E no Pavillón 2 farán os seus exames os alumnos do IES de Mos e dos colexios “Lar” e “Los Sauces”.Os pupitres e cadeiras que están a instalarse como vemos nas imaxes son trasladados dende o IES “Pino Manso”. Tanto o material a empregar para a realización dos exames coma os espazos a ocupar, serán obxecto dun protocolo diario de desinfección e limpeza. Tamén a Policía Local do Porriño colaborará a diario establecendo un perímetro de seguridade nos accesos ao Polideportivo Municipal, habilitando un circuíto de entrada e saída para os vehículos que trasladen e recollan aos alumnos, segundo ten planificado o departamento que dirixe Lourdes Moure.
Lembramos que pódese acadar por teléfono, chamando ao número 986 335 000 e solicitando cita.Ou a través desta páxina web, na pestana "sede electrónica" (non é necesario ter certificado dixital, só un correo electrónico), e seguir estas instrucións do proceso:Acceda á páxina web do concello (www.oporrino.org)Seleccione “SEDE ELECTRÓNICA”Seleccione “CITA PREVIA”Seleccione “Rexistro”Seleccione a axenda “Rexistro 1”Seleccione a data dispoñible que desexeSeleccione o horario dispoñible que desexeSeleccione “CONTINUAR”Adxunta-mos un gráfico para visibilizar as instrucións.
As imaxes corresponden ás tarefas de reparación de bancos, valados e outros elementos do mobiliario urbano do parque de Alba que están a realizarse no Multiusos de Torneiros, antes de o seu traslado e colocación nesa zona de lecer. O concelleiro de Parques e Xardíns, Sergio Casal supervisou eses traballos previos nos que están a participar persoal propio municipal e novos contratados a cargo do Plan Concellos da Deputación Provincial que están a incorporarse nestes días.
A alcaldesa Eva García e a concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure comprobaron co enxeñeiro municipal os danos acontecidos baixo a vía pública por un foxo ó carón da Fonte do Cristo na rúa peonil.
A partir deste mes de xullo comezan no Porriño as actividades formativas do programa “Labora 2020” promovido pola Deputación Provincial en colaboración co Concello para a mellora da empregabilidade. A Concellería de Emprego que dirixe David Alonso colabora con estes progrmas formativos.No Porriño impartense os seguintes cursos: neste mes de xullo, o de Actividades Auxiliares de Almacén en horario de 09.00 h a 14.00 h destinados a obter o certificado de profesionalidade para a inserción laboral das persoas beneficiarias.E no mes de setembro, o curso de “Competencias Clave do Nivel 2” (matemáticas, lingua galega e lingua castelá) en horario de 16.00 h a 21.00 h.As persoas destinatarias dos itinerarios formativos deste programa serán persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, que pertenzan a colectivos vulnerables. Considéranse vulnerables os seguintes colectivos: parados de longa duración; mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX); persoas maiores de 55 anos; persoas con discapacidade; inmigrantes; minorías étnicas e comunidades marxinadas. Tamén consideranse outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar e outras en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais SOLICITUDES DE PREINSCRICIÓNPara poder participar nas accións formativas, que teñen unha axuda económica para gastos de desprazamento, é preciso:· Solicitar a formación correspondente na súa oficina do Servizo Público de Emprego (SPEG) ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://emprego.xunta.gal coas súas claves de acceso.· Realizar a preinscrición segundo o modelo establecido no anexo I "Solicitude de participación", que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e que se presentará preferentemente por vía electrónica..*Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes poderán presentar de forma presencial a súa preinscrición, descargando o formulario dispoñible na sede electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo comúnMáis información en
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura informa que a partires de mañá mércores 1 e ata o 20 de xullo pódense solicitar prazas na Escola Municipal de Música do Porriño. Segundo informa o departamento que dirixe Cami Moreira, “este ano como novidade a folla de solicitude de praza pode descargarse na páxina web do Concello (está ao pé desta nova).
Unha semana máis o Servizo de Deportes do Concello do Porriño lembranos as normas e protocolo para o uso das pistas de tenis e pádel. Limítase a 1 hora como máximo a reserva de cada pista . Para evitar aglomeracións o deportista deberá chegar 5 minutos antes da súa hora de entrada. O tempo máximo de reserva é de 1 hora por parellas, nonpor cada un dos xogadores. A reserva e abono do aluguer das pistas será de forma telemática, a través de enlace creado polo SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES, aplicándose as taxas expostas na Ordenanza Municipal de Prezos no caso das pistas de padel. Respecta en todo momento os horarios e pista asignada. Recolle a chave de acceso no polideportivo municipal. Os vestiarios e as duchas permanecerán pechadas. Tan só permanecerá aberto un aseo (WC) por sexo no polideportivo municipal, no mesmo só estará permitido o acceso a unha soa persoa á vez. Recoméndase o uso de bólas novas e palas propias. Aconséllase utilizar o menor número de pelotasposibles. Non está permitido cambiar de lado nos xogos impares.Reserva de pistas.Cada pista terá unha horaria/quenda de reserva, os cales poderanse visualizar através do seguinte enlace do SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES.Teléfonos de confirmación:661 53 61 59 / 670 66 52 29 / 638 07 13 18.Faga as súas consultas preferentemente porWhatsApp.Cando faga a solicitude CONFIRME TELEFONICAMENTE OU POR WHATSAPPENLACES PARA RESERVAS
O Partido Popular acadou o apoio dos dous concelleiros de EU SON que respaldaron o voto particular do grupo principal da oposición para deixar enriba da mesa a operación de crédito proposta polo goberno municipal coaligado PSOE-BNG. De xeito que a proposta de xerar ese crédito por importe de 2,5 millóns de euros para pagos a proveedores e facturas pendentes de exercicios anteriores, non se poderá materializar, de momento.