A Escola Municipal de Música abre a preinscrición para o curso 2020/2021

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura informa que a partires de mañá mércores 1 e ata o 20 de xullo pódense solicitar prazas na Escola Municipal de Música do Porriño. Segundo informa o departamento que dirixe Cami Moreira, “este ano como novidade a folla de solicitude de praza pode descargarse na páxina web do Concello (está ao pé desta nova).

Entregarase no Rexistro Xeral do consistorio, mesmo previa solicitude de cita. Para solicitar a cita previa hai varias opcións: chamar ao teléfono 986335000 e solicitar cita; ou por internet, na sede electrónica do Concello do Porriño (non é necesario ter certificado dixital, só facilitar un email.Tamén pódese acceder á folla de solicitude de praza a través da web do departamento municipal de Cultura. Deixamos o correspodente enlace.

http://ecultura.net/a-escola-municipal-de-musica-do-porrino-abre-a-preinscricion-para-o-curso-20202021/

Para o vindeiro curso 2020/2021, a oferta da Escola Municipal do Porriño acolle a nenos e nenas dende os 4 anos en Música e Movemento, e ademais de Linguaxe Musical para nenos, mozos e adultos, ofrece as especialidades de violín, viola, violoncelo, percusión, guitarra, piano, canto, gaita, óboe, clarinete, saxofón, frauta travesera, fagot, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba, percusión tradicional, e conta con agrupacións como Banda, Orquestra de Cordas, Música Tradicional e Coral Infantil así como Coral Polifónica de adultos. A matrícula definitiva realizarase no mes de setembro unha vez que se publiquen as listas de admitidos. Intentarase respectar os horarios deste curso no próximo na medida do que sexa posible coa aplicación dos protocolos COVID-19 e as medidas de limitación de aforo que se impoñan.

http://ecultura.net/wp-content/uploads/2020/06/Solicitude-de-praza-novos-ingresos.pdf

Deixamos tamén as seguintes instrucións para os trámites de cita previa e descarga da folla de solicitude

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos