IMG_0257.jpg
Concello e Entidade Urbanística de A Granxa acometerán a reposición da rede contra incendios do Polígono Industrial
O Concello do Porriño e a Entidade Urbanística de A Granxa mantiveron unha primeira reunión para establecer como acometerán a reposición e reparación da rede contra incendios do polígono industrial que tén unha lonxitude de 5 quilómetros. Trátase de cambiar pezas nas acometidas ás naves, así como revisar o estado de bombas de achique, galerías de servizos e alumeado. Neste primeiro encontro participaron representacións do goberno municipal, encabezada por Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras, e da Entidade Urbanística, co xerente David Sobral. “É a primeira vez en 20 anos do polígono da Granxa que un goberno municipal do Porriño afronta este problema de mantemento que afecta ás 260 empresas establecidas nese polígono”, manifestou Lourdes Moure ao termo da reunión celebrada no consistorio. Segundo as recomendacións dos técnicos sobre qué actuacións serían prioritarias, a máis urxente sería mudar as pezas de ferro das acometidas por esgotamento da súa vida útil. "O Concello coa colaboración da Entidade Urbanística de A Granxa, determinaremos de qué xeito pódese financiar a execución destas melloras", manifestou a concelleira Lourdes Moure, asunto que se tratará nunha vindeira reunión.
Banner-oporrino_org_XUNO-2020-1.jpg
A Concellería de Cultura realiza unha programación de actividades para dinamizar as parroquias nos meses de xullo e agosto
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira, está a realizar unha programación cultural para as parroquias, coas debidas garantías sanitarias.
Concello-de-Porriño-panorámica-de-la-plaza-.jpg
A Alcaldesa falou coa familia afectada polo brote e ponse a súa disposición polo que poidan necesitar
Eva García de la Torre falou coa familia do Porriño afectada polo brote de coronavirus e trasladoulle o apoio do Concello. A alcaldesa púxose á disposición da familia polo que puidera necesitar e na medida que a administración municipal fora quen de colaborar.
Banco-de-Alimentos-SOS-Porriño-campaña-julio-2020.jpg
Elévanse os casos de emerxencia social: o Concello repartiu esta semana alimentos entre 500 familias necesitadas
Esta semana rematou o reparto do mes de xullo do Banco de Alimentos "SÓS Porriño". David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais explicou que como consecuencia da crise económica que propiciou a pandemia sanitaria, "actualmente temos que atender e repartir alimentos entre máis xente. Pasamos de 175 familias a primeiros de ano, a 300 e agora mesmo xa son 500 familias do Porriño, as demandantes desta axuda".
Centro-de-Saúde.jpg
Sanidade confirma ao Concello a existencia dun brote de Covid-19 con 6 positivos
A Consellería de Sanidade informou esta mañá ao Concello do Porriño da existencia dun brote de Covid-19 con media ducía de positivos. Dende a Consellería comunicaron telefónicamente coa alcaldesa Eva García á que informaron que o brote está localizado no centro da vila.
Piscina-Municipal-reabierta-y-con-usuarios-9-julio-2020.jpg
O vindeiro sábado 25, a Piscina Municipal permanecerá pechada
O Servizo e Deportes do Concello informa que a Piscina Municipal do Porriño permanecerá pechada o vindeiro sábado 25 de xullo, Día de Galicia e festivo autonómico non laborable.O domingo 26, a Piscina Municipal volverá abrir as súas portas, no horario de 10 a 14 horas.Lembramos que dende a súa reapertura, a Piscina Municipal está a funcionar cunhas estritas pautas de prevención do Covid-19.O emprego da máscara é obrigatorio en todo momento, agás dentro da piscina.A solicitude de cita previa é un requisito imprescindible. Debe solicitarse cun máximo de 48 horas de antelación, ben por teléfono a través do número 986 34 44 20 ou por correo electrónico no enderezo: piscinaporrino.eulen@gmail.comO tempo de nado é de unha hora e non poderá haber máis de dúas persoas por cada rúa na piscina grande. No vaso pequeno, o aforo máximo será de 8 persoas.
cartel-pequeño-Unha-volta-polo-medio.jpg
"Primeiro Encontro de Músicas Ibéricas" en Atios
A Concellería de Cultura e Festas anuncia para o vindeiro sábado 25 de xullo, a celebración do “Primeiro Encontro de Músicas Ibéricas” que terá lugar no Torreiro da Guía, en Atios, a partir das 22 horas.
montaje-composteiros.jpg
O Concello abre un novo prazo para solicitar composteiros individuais
Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza comunicou hoxe que a partir de mañá mércores día 22 ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes para aqueles veciños e veciñas interesados en recibir un composteiro individual para vivendas unifamiliares.
B46B0154.jpg
O Concello resolverá mediante concertación directa a venda dunha parcela no PPI 6 en Budiño por 338.000 €
A Comisión Municipal de Urbanismo tratará este mércores da resolución, mediante concertación directa, da venda dunha parcela de chan industrial urbanizable no PPI 6 de Budiño, valorada en 338.000 €.  O térreno, de uso industrial, ten 5.110 metros cadrados
Rotonda-As-Gandaras.png
O mércores realizarase a obra de mellora da pavimentación da rotonda sur das Gándaras
O Concello do Porriño informa que este mércores día 22 realizarase a obra de mellora da pavimentación da rotonda das Gándaras que afectará ao tráfico rodado do acceso sur aos polígonos industriais de As Gándaras e A Granxa. A empresa “ENDENOR, Construcción, Mantenimiento y Servicios”, adxudicataria da contrata, informou ao Concello que a duración dos traballos será dun día, de xeito que o xoves 23, recuperarase á normalidade, se non xurde algún imprevisto. Os traballos a realizar son o levantado e novo asfaltado da rotonda sur das Gándaras sita a continuación da saída 21 da Autovía A-55 en dirección Tui, polo que cumpre cortar o tráfico rodado. Mentres duren as obras, a circulación de vehículos cara ao sur do Polígono das Gándaras, se realizará pola saída anterior, número 18. Tamén o acceso dende a rotonda sur do polígono de A Granxa, queda cortado namentres se realizan estes traballos, desviándose a circulación entre o sur dos polígonos á altura da saída 18 da A-55, dirección Tui. O Concello do Porriño agradece a colaboración dos condutores e usuarios.
Banco-de-Alimentos-SOS-Porriño-reparto-julio-2020.jpg
Novo reparto do Banco de Alimentos "SOS Porriño" entre as familias máis necesitadas
Membros da agrupación de Protección Civil do Porriño e voluntarios que colaboran co Banco de Alimentos iniciaron hoxe un novo reparto de produtos.
PHOTO-2020-07-17-13-12-52.jpg
O Concello recepciona as obras de lixado, barnizado e pintado da pista 1 do Polideportivo Municipal
David Alonso, concelleiro de Deportes realizou hoxe a recepción das obras de lixado, barnizado e pintado da pista 1 do Polideportivo Municipal. Estes traballos estiveron paralizados polo estado de alarma e retomáronse cando se relaxaron as restricións no sector de construción e carpintería.